29 de xuño de 2007

Está de medo.....!

Os nenos de Infantil visitamos a biblioteca todas as semanas e participamos en todos os proxectos, un deles foi o do medo, que titulamos "COS PELOS DE PUNTA"





25 de xuño de 2007

OS BOLECHAS nas Pontes

- Sabes quen veu ás Pontes? Mira, mira, son os Bolechas, de verdade!

- Non pode ser! Viñeron todos a visitarnos?

- E logo! Non paran de viaxar. Querían coñecernos mellor e pasaron con nós os días da Festa.

- É certo, e participaron en moitas actividades: tiro con arco, escalada, canoa.

- Claro! Contan que coñeceron a Felipe, pero ó final enfadáronse porque era campión de “todo”: cunha cabana como un pazo, con arco olímpico, o mellor equipo de escalada, con piragua olímpica.
Le o que lle pasou na partida de parchís!

- Oh!!

- Gústanche as fotos que fixeron?





23 de xuño de 2007

XOVES E LECTURA

No suplemento de El País , Babelia,aparecen catro artigos moi interesantes baseados nas suxerencias de Antonio Basanta,vicepresidente executivo da Fundación Germán Sánchez Ruipérez ,Gemma LLuch, Pedro Cerillo , do CEPI( centro de estudos epromoción da literatura infantil e Elsa Guiar,xerente da editorial SM,nos que aparecen pautas para incentivar a lectura no alumnado sobre todo a partir de 12 anos que é cando se presenta segundo os expertos a maior deserción de lectores.
Recomendamos a pais e sobre todo profesores a lectura completa dos artículos .
O profesorado ten un papel moi importante no fomento da lectura e non debe desertar desa obriga e confiala só aos pais e nais.A escola pública debe procurar que o alumnado teña as mesmas oportunidades independentemente do medio do que proceda .Por iso convencidos como estamos da importancia da lectura debemos procurar que as nosa prácticas nas aulas tendan a fomenta.Recollín algunhas pautas que nos poden servir para reflexionar e mellorar a nosa docencia co respecto á lectura.

Hai que aprender a respectalos e comprendelos,Pedro Cerillo

Pertencen á xeración das novas tecnoloxías .Poden servirnos de guías neste novo mundo,Antonio Basanta.

Hai que buscar fórmulas para que a adolescencia e os xoves aprendan a compaxinar a lectura co mundo do ciberespacio,amigos deportes e outras formas de ocio que ben entendido é sempre fructífero.

Ter claro que non se trata de competir con inernet e outras actividades de lecer que despertan o interese dos adolescentes e xoves.O que hai que buscar e que aprendan a compaxinalas todas.

Non hai que ter medo a internet alí tamen se crean lectores
A interacción entre o libro físico e inernet está dando excelentes resultados. Os libros ofrecen a posibilidade de crear webs, foros eou blogs onde os xoves participan activamente.

É fundamental non impoñer a lectura.Propoñela como invitación e nunca como obriga ou castigo.Os libros obrigatorios acostuman ser prexudiciais para descubrir o gusto pola lectura.

Deixar que sexan eles mesmos os que elixan os seus libros.

Suxerir lecturas dende o convencimento e dadando exemplo.

As lecturas compartidas son bos pretextos para establecer contacto e dialogo con eles.

Crear espacios físicos e temporais .
.

Non empeñarse en que lean aos clásicos.

Non hai que evitar a literatura comercial.Non debe haber lecturas excluintes.

Ler non só significa ler narrativa; é tamén acercarse ás enciclopedias,os xornais,ás revistas, aos textos de internet ou ao cómic.

É un erro querer homologar os criterios, intereses e gustos literarios dos adultos cos dos fillos ou xoves en xeral.

21 de xuño de 2007

XUVENIL: A. Fernández Paz.

Un escritor que todos e todas xa coñecedes ben, pois lestes moitos dos seus libros. Aire Negro foi un dos vosos favoritos. Escollemos aquí Corredores de sombra, moi valorado:

Unha moza, Clara, recorda un especial verán da súa adolescencia, a partir dun diario seu daquel tempo. Arredor do principal suceso, un esqueleto na parede en obras, vivimos o desexo de Clara de saber da súa historia, de coñecer a verdade.
Todo isto vai acompañado do relato, moi ben estructurado, das circunstancias do momento: a vida nun pazo, o rexeitamento do seu ambiente burgués, as diferencias cos seus pais, Miguel - o seu primeiro mozo- e a complicidade co tío Carlos, a dor nos tempos da represión.

Se non o tés lido, esperamos que caia nas túas mans e che sorprenda!!!

19 de xuño de 2007

MUNDO INFANTIL



Quen é Cocorico?
Un pitiño ten que librarse de Gato Pelado e ofrécenlle biscoito da súa mamá; como tamén é moi larpeiro -"picotí, picotá...!"- debe agacharse por tres veces: "Marramiau...!". Salvarase, ou...?

Precioso conto da tradición birmana, con moi bonitas ilustracións e favorito dos pequenos lectores.
Recomendámolo a nais e pais, ós irmáns maiores, para disfrutar xunto a nenos e nenas de tres anos, de catro e cinco anos, os que máis visitaron a nosa Biblioteca. Parabéns!!

16 de xuño de 2007

TEMOS OS MELLORES!

A Biblioteca Internacional da Mocidade de Munic (Alemaña) vén de incluír na súa selección de libros que salientan pola súa calidade literaria e valores, correspondente ao ano 2007, tres títulos escritos orixinalmente en galego para os máis novos:

A princesa do Courel, de Patacrúa, na editorial OQO.
A sombra descalza, de An Alfaya, en edicións Xerais.
Smara, de Paula Carballeira, na editorial Kalandraka.

Achégate a coller algún deles, pois hainos na túa Biblioteca!!

FEIRA DO LIBRO-FERROL 2007

Celébrase durante toda esta semana unha nova edición da Feira do Libro en Ferrol, unha das máis próximas á túa vila. Aquí tés a oportunidade de ver novidades, asistir a algunha sesión con escritores, contacontos e ata mercar algún exemplar favorito. Anímate a facer este paseo.

14 de xuño de 2007

Bob Dylan, premiado onte en Oviedo


O músico estadounidense Bob Dylan foi galardoado onte en Oviedo co Premio Príncipe de Asturias das Artes 2007 por ser un mito vivinte da historia da música popular, e faro dunha xeración que tivo o soño de cambiar o mundo. O músico, cuxo verdadeiro nome é Robert Allen Zimmerman, conxuga «a canción e a poesía nunha obra que crea escola e determina a educación sentimental de moitos millóns de persoas».


Robert Allen Zimmerman, nacido en Duluth (Minnesota, Estados Unidos) en 1941, foi pioneiro na introdución da literatura na música popular e en fusionar os ritmos de orixe europea e os afroamericanos, o que supuxo unha revolución de influencia decisiva para as xeracións de músicos posteriores. En 1961 lanzou o seu primeiro disco, do que vendeu dous millóns de copias, e o seu segundo traballo incluía Blowin'in the Wind, convertido nun himno dos movementos pacifistas e prol dereitos civís en Estados Unidos.

Según o promotor musical Gai Mercador, será complicado que o cantautor participe na cerimonia de entrega dos Premios Príncipe, dado que non lle gustan excesivamente as cámaras. Xustificou as súas dúbidas no caracter «esquivo» do artista ante a presenza dos fotógrafos.

Para coñecer máis:

http://www.fundacionprincipedeasturias.org/esp/04/premiados/trayectorias/trayectoria823.html

12 de xuño de 2007

O PRINCIPIÑO

Neste curso 2006-2007 nunha aula de 4º, Daniel, Tania, Vanesa e Pilar compartimos a lectura en voz alta de O PRINCIPIÑO. E Tivemos a sorte de que a profesora de francés,María nos lese un capítulo en francés e nos regalase un poster con citas dese libro. Nós temos un mural na clase coas frases que máis nos gustaron como está rematando o curso queríamos compartilas cos demais.

"É ben máis difícil xulgarse un a si mesmo que xulgar aos demais. Se consegues xulgarte ben, é que es un verdadeiro sabio."

"Soamente se lle pode pedir a un o que un pode dar -continuou o rei-. A autoridade descansa, sobre todo, na razón."

"Todas as persoas foron nenos antes.(Pero poucos se lembran)"

"Somente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos."

É o tempo que perdiches con ela o que fai a túa rosa tan importante."
"O que fai máis fermoso ao deserto é que esconde un pozo en calquera parte..."

Antoine de Saint-Exupéry, O Principiño, Galaxia

"Il faut exiger de chacun ce que chacun peut donner."

"Toutes les grandes personnes ont dábord été des enfants, mais peu d´entre elles s'en souviennt ."

"Ce qui embellit le désert, c'est qu'il cache un puits quelque part... "

"C'est tellement mystérieux, le pays des larmes. "

"Les hommes n'ont plus le temps de rien connaître. "

"On risque de pleurer un peu si l'ón s'ést laissé apprivoiser."
Antoine de Saint-Exupéry, Le Petit Prince, GALLIMARD

11 de xuño de 2007

PREMIO MERLÍN

Parabéns a Carlos López que gañou o Premio Merlín de literatura infantil con MINIMALADAS, breves historias, tratados con humor, protagonizado por animais;Rexina Vega,Premio XerAis de Novela con CARDUME; An Alfaya ,gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil coa obra ILLA SOIDADE, protagonizada por unha estudante de xornalismo.