31 de marzo de 2008

O Libro das Infinitas Historias

É o relato co que Agustín Fdez. Paz pecha a súa premiada obra, CONTOS POR PALABRAS.

Dun anuncio de compra de libros antigos, voaremos hacia un lector que pode cambiar ó seu gusto o rumbo da historia.
Sucede con Aurora, na trastenda do negocio de libros do seu pai. Exemplares raros, valiosos: "-Claro que ten follas e palabras. E claro que conta unha historia... Ou infinitas, porque hoxe é unha e mañá é outra, segundo como interveña quen o le."
E aparece unha nena, Mariña. Que bonito!

Adóptao!

Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar, e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só; sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que logo puxo na súa porta, e dicía: “¿Quen me quere adoptar? Busco familia con nenos.”

FINA CASALDERREY éncheo de bos valores...

27 de marzo de 2008

XOIAS para nenas e nenos.

Coma todos os anos, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2008 correspondeulle a Tailandia e é o autor desta nacionalidade, Chakrabhand Posayakrit , quen nos achega unha fermosísima imaxe e un texto que se inicia con esta afirmación, que subscribimos: A busca do saber a través da lectura debe recibir un trato prioritario e cómpre que se fomente dende a infancia.
Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego. MENSAXE

26 de marzo de 2008

BOAS FERRAMENTAS

As familias contan, e moito, no labor de formación dos novos lectores. Entre os materiais do programa de fomento da lectura en centros escolares, HORA DE LER, distribuídos pola Consellería de Educación, pódense atopar uns caderniños deseñados específicamente para traballar xunto coas familias na creación e consolidación de hábitos de lectura desde as primeiras idades. Tódalas carpetas destinadas ás nenas e nenos de educación infantil, baixo o lema ¡CONTAMOS MOITO! incluían, ademais dos materiais para os pequenos lectores, 7 folletos sobre a lectura e unha proposta destinada ao profesorado para a súa utilización.
¿Quen le?
¿Cando ler?
¿Que ler?
¿A quen ler?
¿Como ler?
¿Onde ler?
¿Por que ler?

Contan moito neste conto... vía Hora de ler de Asesoría Bibliotecas Escolares el 26/03/08

22 de marzo de 2008

E NÓS, como andamos de empatía?

Tomei prestadas estas imaxes a través do enlace dunha blogueira e tamén paisana.

21 de marzo de 2008

Para HOXE e para SEMPRE

ESTO NO ES NADA
Si tuviésemos la fuerza suficiente
para apretar como es debido un trozo de madera,
sólo nos quedaría entre las manos
un poco de tierra.
Y si tuviésemos más fuerza todavía
para presionar con toda la dureza
esa tierra, sólo nos quedaría
entre las manos un poco de agua.
Y si fuese posible aún
oprimir el agua,
ya no nos quedaría entre las manos
nada.
ÁNGEL GONZÁLEZ.
[Reláxate vendo isto]

20 de marzo de 2008

Un paseo de ARTE

Nestes días pódese contemplar no emblemático edificio da Fundación Caixa Galicia en Ferrol a exposición “Sorolla e os seus contemporáneos”.
Son dezasete óleos do artista levantino Joaquín SOROLLA y Bastida (Valencia, 1863) , e outros, todos procedentes do Museo Nacional de Bellas Artes de La Habana.
Un pracer de verdade!

19 de marzo de 2008

Por un GRAN LECTOR.

Queremos adicar un tempo, e sobre todo un espazo aquí, a un dos nosos mellores lectores: un alumno de 2º de Secundaria Obrigatoria.
Vémolo moito pola Biblioteca e na súa mochila sempe leva un bo libro, ou máis (tamén lle gustan os xogos,...eh!)
Foi Iago quen nos recomendou esta obra

Markus Zutak é un escritor australiano de literatura infantil que, con pouco máis de trinta anos, regálanos este libro baseado en experiencias familiares nos tempos de guerra e do nazismo: unha pequena, Liesel, que vive cunha familia de acollida descubre o poder das palabras cando o seu pai lle ensina a ler nun libro que ela roubou no cemiterio...

Seguiremos coa historia -que foi nova xa nalgún outro blog- e animando a este rapaz de As Pontes a que escriba tamén. Noraboa e parabéns a unha familia que o apoia!


18 de marzo de 2008

Días de repouso con ...



XABIER PUENTE DOCAMPO

O espertar do amor primeiro, a emoción do primeiro bico: este suxerinte xogo de ter unha bolboreta na boca; en principio pracer solitario e axiña compartido coa persoa elixida polo protagonista, encargado de relatar a súa experiencia. Atrapar a beleza dunha bolboreta, pechar os ollos e lembrar as súas cores, sentir bater as súas ás, todo un mundo de sensacións até chegar a un pracer azul que nunca se poderá esquecer porque forma parte da realización dun soño.

Unha delicia en perfecto equilibrio coas imaxes!

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Espazo en branco polo que se moven gotas de cores, as cores do amor.
Unha gota soa non é nada, e outra soa tampouco, ata que un día se atopan empuxadas por esa forza e abrázanse. Todas precisan de alguén...

Páxina aberta para a imaxinación e a fantasía!!
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Recorda este novo libro de poemas: O QUE BEN CHE QUER de X.M. Álvarez Blázquez.- OQO Editora.

17 de marzo de 2008

Un COELLIÑO moi famoso.


O coelliño branco un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño.
De volta na casa, atopou a porta pechada.
-¡Eu son a cabra "cabrexa", e como non marches... sáltoche enriba da cabeza!
ANDANDO, ANDANDO, o coelliño atopou un boi e pediulle axuda.
-¿Queres vir comigo? Na miña casa está a cabra "cabruna" que me salta encima e me "espaturra".
-Eu non, eu non vou que teño medo.
Andando, andando, atopou un can.
-Na miña casa está a cabra "cabraza", que me salta enriba e me "esmagaza". ¿Queres vir comigo?
-Eu non vou que teño medo.
Andando, andando...atopou un galo.
-Na miña casa está a cabra "cabralla", que me salta encima e me "escangalla". ¿Queres vir comigo?
-Eu non vou que teño medo.
Andando, andando...atopou unha formiga.
-Na miña casa está a cabra "cabruxa", que me salta enriba e me "esbabuxa".
-Eu non lle teño medo a unha cabra "caprina". ¡Vou contigo!
E os dous volveron á casa do coelliño e petaron na porta.
-Eu son a formiga "rabiga", que como non abras, fúroche a barriga!
-Ja, ja, ja, ja,...
A formiga "rabiga" entrou polo burato da porta.
- Ñam, ñam...
-Eu son a cabra "cabresa" e a esta casa non volvo porque non me interesa!
Coas coles fixeron un caldiño, comérono e a min non me deron porque non quixeron.

Conto popular con moitas versións e en varias linguas, que coñecen todos os nenos e as nenas e non o esquecen.

COBERTOR de ESTRELAS

Escrito baixo a óptica dun menino da rúa que quere aprender a escribir, e que ten a ilusión de que así pode saír do mundo da pobreza e da violencia no que se atopa.
Trata de maneira literaria os problemas vividos polos nenos abandonados que viven nas rúas brasileiras, miúdos que perderon os vínculos familiares e que pasan a infancia con outros nenos, durmindo na rúa, brincando e roubando e tentando defenderse de todo tipo de violencia.
É unha novela de aprendizaxe, na que fronte a esta noite adversa, RICARDO LÍSIAS interpón a solidariedade dalgúns e, sobre todo, a grande capacidade humana do protagonista para, cos seus xogos e soños, buscar a forma liberadora da cultura, do traballo e do amor.
Son complemento imprescindíbel toda a serie de fermosas ilustracións que o acompañan, da artista galega Itziar Ezquieta.

" Mentres exista, por efecto das leis e os costumes, unha condena social que produza infernos artificiais no seo da civilización e desvirtúe cunha fatalidade humana o destino, que é completamente divino; mentres os tres problemas do século -degradación do home pola proletarización, perdición da muller pola fame, atrofia dos nenos polas tebras- non estean resoltos; mentres, en certos países, a asfixia social sexa algo posíbel; ou, noutros termos, e baixo un aspecto máis amplo, mentres haxa na terra ignorancia e miseria, certamente, libros coma este non serán inútiles".-Víctor Hugo,1862.

12 de marzo de 2008

CANDO OS ANIMAIS FALABAN . . .


. . . Preguntábanse:

- ¿Cando casan os paxariños?
- ¿Por que o cangrexo anda cara atrás?
- ¿Como se lle ocorreu a Deus facer o lobo?
- ¿Por que non falan as ovellas?
- ¿Por que a toupa non ten ollos?
- ¿Como nacen as moscas?
- ¿Por que as silvas dan amoras?
- ¿Quen fai a xeada?
- ¿Por que o demo foi para o inferno?
- ¿Por que hai trasnos polo mundo?
... ... ...
Curiosas dúbidas que nos explican os mestres da tradición galega: XOSÉ MIRANDA e ANTONIO REIGOSA. Vas rir lendo tantas marabillosas respostas!

8 de marzo de 2008

OITO de MARZO

¿Ata cando?

Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.

Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.

Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.

Botan a mañá traballando nas leiras.

Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.

Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.

Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.

Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.

Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.

¿por canto tempo, aínda balbinas?

A Muller Galega de principios do Século XX


5 de marzo de 2008

¡ SÁLVATE...!



Relato para pequenos e maiores, unha historia para toda a vida, para quedar sempre na memoria.
O pai e a nai deste neno de sete anos déixano cuns granxeiros en Francia, para protexelo da persecución xudea na II Guerra Mundial. Deste xeito afronta os seus sentimentos de infancia: a indefensión, medo e desconfianza a que saiban a súa verdade... Non pode perder a esperanza de que os seus pais volvan algún día por el. Entón aparece unha pequena que lle fai espertar emocións.

Recordaralo sempre!!!

MULLER

O cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar mán do cine.

Hoxe, anticípándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.

Votaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.

E seguindo co inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.

Pasada a xuventude: toca a vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron e preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.

Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.

Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.


Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.

E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a una profunda e última reflexión.

Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.



4 de marzo de 2008

AS HISTORIAS ATÓPANSE FÓRA

Para escribir un bo libro é necesario ler moito, ter imaxinación e coñecer o entorno moi ben.
Por iso anímovos a LER moitísimo, imaxinar unha boa historia e relatala.

Un lector de 2º B.