28 de maio de 2008

Os 1 2 5 ANOS de Pinocho

CARLO COLLODI publicaba por entregas un serial infantil titulado Storia di un burattino, Historia dun monicreque.

Máis tarde, o seu editor apostou pola historia completa, e entón naceu unha das obras máis universais da literatura infantil.
Reeditouse 187 veces, traduciuse en case tódolos idiomas e adaptouse ao cine en infinidade de ocasións -a máis célebre, a realizada por Disney en 1940-; e a primeira edición do conto está valorada en nada menos que en 7.500 euros.

E é que Pinocho non só forxou unha iconografía da mentira recoñecible en todo o mundo, o alongamento do nariz; tamén rompeu un esquema moi ríxido nos contos: presentaba a un neno mentiroso e traste -quizais a proxección do propio Collodi-.
Tan rompedor resultaba este novo concepto que, incluso, en determinados países aplicouse a censura (EEUU).

25 de maio de 2008

A educación segundo Einstein

Fago un percorrido polos andeis dos libros,atráeme un, cólloo: Albert Einstein, Mi visión del mundo , Tusquets Editores. Abro unha páxina ó chou, léoa, sinto a necesidade de compartila.Aí vai... traducida ao galego:

Educación para unha independencia no pensar


Non é suficiente ensinar aos homes unha especialidade. Con iso convértense en algoasí como maquinas utilizables pero non en individuos válidos. Para ser un individuo válido o home debe sentir intensamente aquilo ao que pode aspirar. Ten que recibir un sentimento vivo do fermoso e do moralmente bo. En caso contrario parécese máis a un can adestrado ca a un ente harmonicamente desenvolto. Debe aprender a comprender as motivacións, ilusións e penas das xentes para adquirir unha actitude recta respecto aos individuos e á sociedade.

Estas cousas tan preciosas lógraas o contacto persoal entre a xeración xove e os que ensinan, e non - polo menos no fundamental- os libros de texto.Esto é o que representa a cultura ante todo. Isto é o que teño presente cando recomendo
Humanidades e non un coñecemento árido da Historia e da Filosofía.

Dar importancia excesiva e prematura ao sistema competitivo e á especialización en beneficio da utilidade, segrega ao espírito da vida cultural e mata o xerme do que depende a ciencia especializada.

Para que exista unha educación válida é necesario que se desenvolva o pensamento crítico e independente dos xoves, un desenvolvemento posto en perigo constantemente polo exceso de materias( sistema puntual). Este exceso conduce necesariamente á superficialidade e á falta de cultura verdadeira.

A ensinanza debe ser tal que poida recibirse coma o mellor regalo e non coma unha amarga obriga.

PREMIO !!!



[A Nosa Biblioteca]
Grazas

Querido VARGAS LLOSA

Juan Cruz contaba onte como escribe MARIO:
... escribe todas as súas obras nas bibliotecas, rodeado de libros e tomando notas a bolígrafo...
/clic

[Babelia]

Unha sinatura: Amnistía I.

23 de maio de 2008

Culturas/ PERSOAS

Esta historia foi creada polo animador francés M. Ocelot para ser contada no cine; é, sobre todo, un conto de fadas:

Dous rapaces, de distinto berce, comparten a súa infancia. Hai un país, alén do mar, onde se volverán atopar para unha busca: a fada dos Djinns.
Pouco tempo hai que a tiven como agasallo e aparece aquí en consideración a todos os alumnos e alumnas que naceron noutras culturas e hoxe forman parte do noso Centro, da nosa sociedade.
Veremos xuntos as súas especiais imaxes e recitaremos este conto ao mundo!
Aquí, unhas palabras de X. Saramago:
"E se as historias para nenos foran de lectura obrigatoria para os adultos?
Seriamos realmente capaces de aprender o que, desde hai tanto tempo, vimos ensinando?"

22 de maio de 2008

CHISCO no corazón.

Os alumnos e alumnas de 2º ESO estivemos uns días traballando co escritor FRANCISCO X. FDEZ. NAVAL [agora tamén "Chisco" para nós].
Falounos do seu traballo, dos seus libros, dos seus personaxes e tamén de si mesmo. Na Biblioteca facíase o silencio cando contaba, cando recitaba.
Quere que nós escribamos tamén: sempre hai unha historia que contar, expresar o que podemos sentir, a nosa verdade, contar desde dentro e ir máis alá do que se ve.
Levounos ademais, grazas á Mitoloxía, a viaxar no tempo.

Chisco soúbonos escoitar e transmite emoción. Todo un recordo!

Contamos con estes títulos seus:
O Bosque das Antas.
Sete noites e un amencer.
Unha cita co aire.
Miño.
Suso Espada.
No corazón da fraga.

Hayao MIYAZAKI

É o director desta película de animación, EL CASTILLO AMBULANTE -que lle pedimos a Pilar- e tamén da que xa vos falamos, El viaje de Chihiro.
A "peli" garda unha aventura moi bonita, chea de maxia e amor -que rompe barreiras-, con personaxes curiosos: a fantasía da rapaza/a vella,...
Aconsellamos que a vexades!
En 2ºB.

17 de maio de 2008

XMAB: A VOZ



A gravación deste poema de Roseira do teu mencer é de 1968, realizada por Radio Nacional.

14 de maio de 2008

A alma de Uruguai

Santiago de Compostela recibiu o luns ,entre o son dos aplausos a Eduardo Galeano, voz dos invisibles.
Rematou con esperanza:

HAI OUTRO MUNDO POSIBLE,PARA CAMBIAR ESTE, HAI QUE COÑECELO BEN

Escoitar e ler a Eduardo Galeano axuda.Na biblioteca atoparedes as súas obras.
Deixámosvos algúns textos.



Caminos de alta fiesta

¿ Adán y Eva eran negros?
En África empezó el viaje humano en el mundo. Desde allí emprendieron nuestros abuelos la conquista del planeta.Los diversos caminos fundaron los diversos destinos, y el sol se ocupó del reparto de colores.
Ahora las mujeres y los hombres, arcoiris de la tierra, tenemos más colores que el arcoiris del cielo, pero todos somos africanos emigrados. Hasta los blancos blanquísimos vienen de África
Quizá nos negamos a recordar nuetro origen común porque el racismo produce amnesia, o porque nos resulta imposible creer que en aquellos tiempos remotos el mundo entero era nuestro reino, inmenso mapa sin fronteiras, y nuestras piernas el único pasaporte exigido.

ESPEJOS Una historia casi univresal ,SIGLO XXI

OS OUTROS SETE PECADOS CAPITAIS

-Ser superbranco: o racismo, tradición colonial que segue a mutilar o esplendido arco da vella da diversidade humana.

-Ser supermacho: o machismo, que humilla a muller e nega a diversidade sexual.

-Cuspir no espello. o autodesprezo, ese pésimo costume que obriga os servos a mirarse a si mesmos cos ollos do amo.

-Espremer ao próximo: o sistema que condena á opresión e á pobreza a moitas persoas e moitos países para facer posibel a liberdade e a riqueza de poucos

-Matar o mundo: o impune mundidicio da sociedade de consumo, que está a asasinar o aire, a auga e a terra.

-Mentir a vida : o despotismo dos medios de comunicación que nos incomunican e os sistemas educativos que nos deseducan.

-Obedecer ao medo: a tadición que nos obriga a aceptar a realidade en lugar de cambiala, a repetir a historia no canto de a facer.
CARTA AO SEÑOR FUTURO,LAIOVENTO

El desarrollo

El puente sin río

Altas fahadas de edificios sin nada detrás

El jardinero riega el césped de plástico

La escalera mecánica conduce a ninguna parte.

La autopista nos permite conocer los lugares que la autopista aniquiló

La pantalla de la televisión nos muestra un televisor que contiene otro televisor, dentro del cual hai otro televisor.

PATAS ARRIBA,La escuela del mundo al revés , SIGLOXXI


10 de maio de 2008

SEMPRE Manolo Rivas

A revista Unelibros entrevista ao noso grande escritor, que nos di:

"A lectura, o libro e os espazos onde están son lugares de resistencia humanística esenciais. A nosa sorte depende de que eses espazos se manteñan ou desaparezan completamente da natureza”.

"O libro é algo que pertence á natureza, que ten a condición de froito".

"Os centros escolares deberían ter como epicentro arquitectónico a biblioteca"

9 de maio de 2008

Hai POESÍA para TODOS/AS

. Para os peques de INFANTIL, estes versos:
Nena, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
o galo e a galiña.
Dúrmete axiña...
...
Anda, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
os años na curtiña.
Dúrmete axiña...

.Aos rapaces/as de PRIMARIA:
Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.

Era poñer a ialma
por enriba das ponlas
máis ergueitas da fraga.

Era andar cos miñatos
nun outo vóo suspenso
sobor da paz dos campos.

Era ter -cousa meiga!-
o corazón atado
cun longo fío á terra.

. E para os maiores, en SECUNDARIA, o poema: "Ise neno da rúa"
Non é certo que os nenos teñan fame.
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -viva, beba, baba, buba!-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
nunha porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así, petando pola vida.
-Non, home, non!- lle dixen a un de aqueles-.
A xente pasa leda... Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!

Vinde ver en que libros están agochados os máis lidos neste MAIO!

7 de maio de 2008

FANTÁSTICA Película

-A película é boa, xa que é moi entretida e divertida; recoméndoa a nenos e nenas de calquera idade para que a vexan.- LEIDY
-Esta peli é moi bonita, e sabes o que pasa se che desaparecen teus pais...? Pódea ver calquera cativo/a.- MIGUEL
-Penso que a película é moi especial porque ten moitas cousas que ensinar, como por exemplo cando Chihiro perdeu aos seus pais e ela fixo todo o posible para recuperalos.- ALÍ
-Eu penso que a peli é moi realista, ten un deseño de imaxe fabuloso, fantástico, a pesar de que os protagonistas fan un papel imaxinario cos personaxes que interpretan.- AMADY
-A viaxe de CHIHIRO é unha película que xunta un montón de lendas xaponesas que fan rir e outras sentimentais que fan chorar.- EMILIO
-Ten escenas moi divertidas e bonitas, pero tamén as ten tristes. Ela é unha nena moi atrevida, que fai calquera cousa por recuperar aos seus pais, aínda que teña que pasar momentos moi difíciles. ANA.- 2º ESO /B

3 de maio de 2008

Aquela FONTE

A raíz do concurso "das Boliqueiras" convocado pola MNL - no que participastes, aínda que con apuriños- falastes nas clases desta vosa fonte.

Cerca das Pontes (parroquia do Aparral) durante séculos falouse dun encanto que vagaba pola carballeira que houbo debaixo da fonte: sen ver mover ningunha póla, escoitábase un ruído repetido, como se as estivesen rompendo ou estalasen ramallos. Este ruído facía estrañar a cantos ían beber alí daquelas augas milagrosas (polo ferro para anemia, tuberculose). [Os enfermos que non podían subir andando contrataban os servizos das mozas das Pontes, a dez céntimos a botella, que traían en cestas mentres eles agardaban nas pousadas do lugar]

E agora non hai carballeira, xa sabes... a especulación...
Adicado tamén a Xairo e Daniel-1ºA, Emilio-2ºB, que tanto vos gustan as lendas!
Atopei, a través dos cables, o vídeo que quero poñervos como agasallo, desexando sorte aos bos traballos.

No último disco de LUAR NA LUBRE, Camiños da Fin da Terra, o tema nº 12 titúlase "A fonte das Boliqueiras" e soa así:


2 de maio de 2008

De Manuel RIVAS

Colle e garda o que escribiu para hoxe o noso estimado Manolo Rivas, sobre L I B R O S :
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Os/barcos/leite/os/libros/elpepuespgal/20080502elpgal_20/Tes

Que gozada!