25 de abril de 2009

Premios para o blogue da Biblioteca!

Estamos de noraboa!

Queremos agradecer dende o blog de BIBLOCAXADO dous premios que nos ofereceron outras bibliotecas amigas.

- Orbil, a bibliomascota da biblioteca “Orbilmania” concedeunos o premio: "Olla que blog Maneiro", que quere dicir: "Olha que blog tan chuli!.
- A Biblioteca do IES 'Ollos Grandes' concedeunos o mesmo premio: 'Olha que Blog maneiro'.

GRACIÑAS AOS DOUS!!

Ser un blogue maneiro ten certas obrigas:
- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Nós declaramos maneiros estes 10 blogues:
  1. BIBLIOTECA DA MAGA TOMASA http://biblionavia.blogspot.com/
  2. A BIBLIOTECA DO CEIP DE PAZOS http://biblospazos.blogspot.com/
  3. BLOG DA BIBLIOTECA DO IES A PARALAIA www.blogoteca.com/paralaia/

23 de abril de 2009

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

CONTACONTOS


Para Conmemorar o día do libro o Dpto de cultura en colaboración co grupo de teatro Pontés QUEMAISTENTEATRO preparou uns contacontos para levar a cabo distintas actividades da campaña de dinamización ¿Q ME CONTAS? Hoxe contamos coa presenza de compoñentes desta compañía no noso centro.
Contáronnos tres contos:

"OH!",

"Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis"

"Que contan as ovellas para durmir"

Os nenos de Educación infantil de tres, catro e cinco anos disfrutaron moitísimo.
Dámoslle as gracias a estas fantásticas contacontos.

18 de abril de 2009

Rosendo, a mascota da Biblioteca

Xa temos a imaxe e o nome da mascota da Biblioteca, ROSENDO



Agora decidimos que debíamos ter a Rosendo nunha figura de tres dimensións, que se poida tocar. Aproveitando o concurso de reciclado que convoca AMA, os nenos e nenas da clase de cinco anos puxémonos mans á obra, e así nos quedou.



1 de abril de 2009

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Todos os anos o 2 de Abril o IBBI (Internacional Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo. Este ano Exipto distribúe o cartel e a mensaxe de Hani D. El-Masri

Eu son o mundo

Eu son o mundo, e o mundo son eu,

porque a través dos meus libros

podo ser o que queira.

Palabras e debuxos, prosa e verso

trasládanme a lugares

que están lonxe e preto ao mesmo tempo.


Na terra dos sultáns e do ouro,

mil historias que falan de alfombras voadoras,

xenios de lámpadas marabillosas,

sacaúntos e simbades,

cóntanlle os seus segredos a Sherezade.


Con cada palabra de cada páxina

viaxo a través do espazo e do tempo.

E coas ás da fantasía,

o meu espírito cruza o mar e a terra.


Canto máis leo, máis comprendo

que co meu libro estarei sempre

na mellor das compañías.

Máis información
Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY):
http://www.ibby.org/index.php?id=266&L=3

Edicións anteriores do Día Internacional do Libro Infantil (mensaxes e carteis):
http://www.oepli.org/esp/actividades/dia_libro.htm