26 de xuño de 2009

DESPEDIDA

Ás veces as novas tecnoloxías complicannos as cousas e por calquera motivo algo que queremos facer resulta imposible.Cando eu pretendía facer unha homenaxe dende o blog a Mario Benedetti e xa tiña rematada a entrada apareceu publicidade nel e non puiden publicar .Desanimada desistín nese momento, pero despois decidín que pecharía o blog con dous poemas seus.





Vamos juntos


Con tu puedo y con mi quiero


vamos juntos compañero


compañero te desvela

la misma suerte que a mi

prometiste y prometí

encender esta candela


con tu puedo y con mi quiero

vamos juntos compañero


la muerte mata y escucha

la vida viene después

la unidad que sirve es

la que nos une en la lucha


con tu puedo y con mi quiero

vamos juntos compañero


la historia tañe sonora

su lección como campana

para gozar el mañana

hay que pelear el ahora


con tu puedo y con mi quiero

vamos juntos compañero


ya no somos inocentes

ni en la mala ni en la buena

cada cual en su faena

porque en esto no hay suplentes


con tu puedo y con mi quiero

vamos juntos compañero


algunos cantan victoria

porque el pueblo paga vidas

pero esas muertes queridas

van escribiendo la historia


con tu puedo y con mi quiero

vamos juntos compañero.



Adicado aos compañeiros do equipo de biblioteca en especial aos que este ano deixan o noso centro: Dulce, Eduardo, Mª José e Pamen. Sen esquecer a Neves ,que sigue formando parte do noso equipo na distancia, animando sempre cos seus comentarios e os seus correos.




El Sur también existe


Con su ritual de acero

sus grandes chimeneas

sus sabios clandestinos

su canto de sirenas

sus cielos de neón

sus ventas navideñas

su culto de dios padre

y de las charreteras

con sus llaves del reino

el norte es el que ordena


pero aquí abajo abajo

el hambre disponible

recurre al fruto amargo

de lo que otros deciden

mientras el tiempo pasa

y pasan los desfiles

y se hacen otras cosas

que el norte no prohibe

con su esperanza dura

el sur también existe


con sus predicadores

sus gases que envenenan

su escuela de chicago

sus dueños de la tierra

con sus trapos de lujo

y su pobre osamenta

sus defensas gastadas

sus gastos de defensa

con sus gesta invasora

el norte es el que ordena


pero aquí abajo abajo

cada uno en su escondite

hay hombres y mujeres

que saben a qué asirse

aprovechando el sol

y también los eclipses

apartando lo inútil

y usando lo que sirve

con su fe veterana



el Sur también existe
con su corno francés

y su academia sueca

su salsa americana

y sus llaves inglesas

con todos su misiles

y sus enciclopedias

su guerra de galaxias

y su saña opulenta

con todos sus laureles

el norte es el que ordena


pero aquí abajo abajo

cerca de las raíces

es donde la memoria

ningún recuerdo omite

y hay quienes se desmueren

y hay quienes se desviven

y así entre todos logran

lo que era un imposible

que todo el mundo sepa

que el Sur también existe

Dedicado a Alí, Amadi, Gabriel, Emilio,Leidy e Tamara que comprenden e senten que o Sur tamén existe.

A mellor maneira de homenaxear a un escritor e ler a súa obra . Este verán podemos acudir a unha biblioteca ou librería e facernos con algunha das súas obras. Tamén podemos lela e escoitala na rede deixo algunhas direccións pero mhai moitas máis:

A media voz

Cervantes virtual

Solo literatura

Antología poética

WIKIPEDIA

10 de xuño de 2009

EU FÁLOA PORQUE SI, PORQUE ME GOSTA

Estes días andamos a voltas coa poesía nas aulas. Da fermosa e interesante antoloxía, Poetízate, de Fran Alonso, recollemos algúns poemas relacionados coa lingua para reflexionar nestes momentos tan difíciles para a nosa lingua. Como dicía Celaya:poesía necesaria como o pan de cada día.

Lingua que rexeitaron os meus pais


Borraran os letreiros dos camiños
cos ben amados nomes das antergas vilas
dos silabarios das escolas algareiras
borraran o cantar humilde e puro
da lingua popular.

Sóio no escuro das lareiras
no apartado silencio dos labregos labios
esquecida das espadas poderosas,
borboriñaba a nosa lingua triste.

Aferrollada fóra coma unha delincuente.
As maos sen calos do traballo
requintadas e doces, relixosas
enfeitadas co ouro dos aneis
roubados ao suor dos pobres
empurraran a lingua nobre e pura
a un cadafalso de vergoñas.
Meus pais, tamén amados ignorantes,
obedecerán as ordesque o espadón
desborcara na poza de Galicia

Antón Tovar, Calados esconxuros



Poema do alleado
Son un bilingüísta
moi apaixoado
un colonialista
ben colonizado.
Teño lingua nai
i unha lingua pai
i unha lingua filla
que marabilla.

Son un alleado
fino e progresista
ben domesticado
¡Son un castrapista
como está mandado!

Manuel María, Cantos rodados pra alleados e colonizados


Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro , na voz de Dios Ke te crew





8 de xuño de 2009

ROSA ANEIROS

PARABÉNS ROSA !
Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais de novela e máis o de Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil coas súas obras Sol de inverno e Ás de bolboreta.


Este venres tivemos a sorte de escoitala na Xornada dos Clubs de Lectura engaiolounos e deixounos propostas moi interesantes .Queremos compartir dende este espazo algunhas das súas interesantes aportacións
Falounos de que os escritores aprenden moito nos clubs de lectura escoitando os rapaces porque son os lectores da obra os que indican o que a obra comunica realmente.Cada persoa le no libro o que quere ler en función dos seus prexuízos, das súas lecturas e da súa propia vida.
Repetiu moitas veces que había que respectar as súas opinións tratando de sacar o mellor que teñen, que todos tiñann algo importante que dicir, que non todo o mundo participaba da mesma maneira, pero que se debe intentar que todos participen e detectar as persoas que están máis caladas e buscar a maneira de que aporten ao grupo o que pensan que seguro que será do máis interesante. Aconsellounos que nos clubs fósemos permeables ás súas necesidades,oílos, se non funcionaba un libro tratar de saber por que ,que mesturásemos rapaces de distintas idades... pura pedagoxía que tamén serve para a nosa praáctica como docentes....
Aportounos moitas estratexias para aplicar co alumnado.
Dividilos en grupos e que cada grupo defenda un final
Buscar unha banda sonora para a obra ue se escoitaron na obra sobre todo nas novelas de terror
Que aromas? Que comidas aparecen na novela ? Celebrar un encontro gastronómico
Traballar con fotografía : Que portada lle poñerías á novela?
Roteiros polos lugares por onde transcorre aa novela.
Empregar a banda deseñada o teatro ou o vídeo para representar un capítulo.
Escribir un correo ao autor ou autora ou aos personaxes.
Lembrounos o importante que era axudar aos lectores a fixarse en como está construída : Porque está en primeira persoa ? Por que en segunda? Porque hai dialogos? Por que predominan os verbos? Como se constrúe o terror ? Todos temos alumnado ao que lle gusta non só ler senón tamén escribir. Deben poñerse no papel do escritor ,como xogan os escritores coas expectativas dos lectores?
Quero rematar cunha frase moi fermosa e que comparto con ela:
Hai milleiros de libros para cada persoa e hai que dar con eses libros
OBRIGADA