25 de decembro de 2010

Luís Seoane

Non quixemos acabar este ano sen celebrar o Centenario do Nacemento de Luís Seoane.
Desde a Biblioteca saiu a proposta de facer un percorrido pola obra deste autor polifacético: Pintor, escritor, editor, gravador, muralista...e sobre todo comprometido co seu país, traballando por Galicia tanto aquí coma no exilio.
Todos os cursos: Infantil, Primaria e Secundaria participaron nesta proposta facendo unha historia do Nadal coas pinturas de Luís seoane.


21 de decembro de 2010

"Todo o mundo vai"


A dónde nos levan estas pegadas?
.... Á BIBLIOTECA!


Queremos que todos os nenos e nenas pasen pola Biblioteca e disfruten da lectura.
Cada neno/a fai a súa pegada e escribe nela o título do libro que máis lle gustou.

28 de novembro de 2010

Charla sobre As Fragas do Eume

O pasado venres os nenos e nenas de educación Infantil e os de primeiro curso de Primaria asistimos a unha charla na Biblioteca. Roberto, pai de Tadios, e membro de Drosera, unha organización sen ánimo de lucro, adicada ao estudio e conservación do medio natural en Galicia, explicounos a fauna e a flora das Fragas do Eume. Disfrutamos coas imáxenes que nos ía mostrando e adiviñamos algúns nomes dos animais e plantas que ían saíndo. Agradecemos moito ao pai de Tadios que nos regalara un pouco do seu tempo para ir coñecendo a nosas Fragas do Eume.

Posted by Picasa

2 de novembro de 2010

Variacións sobre a lectura. III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia-2010

Este fin de semana varias profesoras do centro que intentamos avanzar no desenrolo da Biblioteca asistimos aos III Encontros de Bibliotecas escolares de Galicia, celebrados en Santiago, no Pazo de Congresos os días 29 e 30 de outubro. Todos os materiais, están dispoñibles a través do espazo moodle habilitado para estes encontros.
Pódese acceder como "convidado".

Samaín na Biblioteca

A semana pasada a Biblioteca estivo moi animada, ademáis das visitas normais de todos os días pasamos por alí as tres clases de Educación Infantil, o primeiro ciclo de E. Primaria e máis cursos. Estivemos ambientando a Biblioteca para celebrar o Samaín. Fixéronse guirnaldas de cabazas, pantasmas,... fixemos murais, decoramos cabazas....buscamos libros de medo para expoñelos e lelos nas clases...

O xoves Oliva, mestra de educación Infantil estaba esperándonos para contarnos o conto da Bruxa Regañadentes que foi todo un éxito.




Gracias Oliva, pasámolo de marabilla, desexamos repetir esta experiencia moitas veces.
Posted by Picasa

24 de outubro de 2010

Día da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase en todo o mundo o día da BIBLIOTECA.

As Bibliotecas son un requisito básico para a nosa educación, e son imprescindibles para o progreso cultural.


Os nenos e nenas de Infantil na Biblioteca.
Contamos coa visita dunha Contacontos

26 de setembro de 2010

Ana Juan, Premio Nacional de Ilustración 2010




A ilustradora Ana Juan, conseguiu este venres o Premio Nacional de Ilustración 2010 concedido polo Ministerio de Cultura.

O seu traballo céntranse en debuxos de corte fantástico e de estilo
naif.

Licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia, Ana Juan (1961) é ilustradora, escritora e pintora, e colaborou en revistas como "Madriz", "El Víbora", "Metal Hurlant", "Marie-Claire", "New Yorker", e diarios como El Mundo e El País.


No blog "Soñando cuentos" podemos atopar a biografía desta importante ilustradora.


Aconsello visitar tamén a páxina web de
Ana Juan e disfrutar das súas ilustracións.

6 de setembro de 2010

21 de xuño de 2010

Saramago

Que podemos dicir sobre Saramago! Simplemente que é unha gran perda , que todos quedamos orfos, que se nos encolleu o corazón cando soubemos do seu pasamento. Pero que temos a oportunidade de sentilo próximo lendo as súas obras. No verán temos máis tempo e é un bo momento para reencontrarnos con el , soñar o quel soñou, defender o que el defendía e nada mellor que a literatura para iso. Aproveitemos que nestes días aparecerán de novo as súas obras expostas e volvámolo a ler.
E para comezar volver a ver o corto que se fixo do seu fermoso conto : A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO.
Canto respecto pola infancia ! Canta sabiduría e canta humildade. Saramago un verdadeiro referente .O seu exemplo debe guiarnos.


Paga a pena lembrar o discurso que pronunciou cando recibiu o Premio Nobel tédelo no seguinte enlace :http://www.anosaterra.org/nova/de-como-a-personagem-foi-mestre-e-o-autor-aprendiz--por-jose-saramago.html









7 de xuño de 2010

Obradoiro de lectura para pais e nais de Educación Infantil de cinco anos

Dentro das actividades programadas desde a Biblioteca levouse a cabo un Obradoiro de lectura para pais e nais dos nenos e nenas de cinco anos. Os obxectivos que perseguimos son:

  • Dotar aos pais/nais de estratexias para que seleccionen os libros para os seus fillos.
  • Dar pautas para que disfruten da lectura en familia.
  • Iniciar ou continuar a biblioteca familiar.
  • Fomentar o uso da Biblioteca do colexio.
  • Dar a coñecer os personaxes máis queridos dos contos e os máis recoñecidos.

Na primeira sesión Oliva, a titora de cinco anos, presentou un powerpoint titulado: MAMÁ, PAPÁ, cóntamo outra vez ...


Jose Fresco, psicólogo e pai, falou da importancia da lectura. Hai moitas razóns para ler:

  • Enriquece o pensamento.
  • Mellora os resultados académicos.
  • Divírtenos.

Animou ás nais a compartir consellos entre elas para conseguir que os nenos/as lean.

Pero sobre todo os adultos deben facer de modelos. Se na casa non hai libros, revistas, contos, periódicos é moi dificil que lean os nenos/as.

Á hora de mercar contos: consultar co neno, co profesorado, cos libreiros.

Compartir as lecturas. Os fins de semana pais e fillos ir xuntos mercar o xornal e os nenos que merquen a súa revista.

Noutras sesións comparamos contos de distintas editoriais fixándonos tamén nas ilustracións.

As nais contaron anécdotas referidas aos seus fillos/as:
  • Inés colócanos a todos para lernos o conto e dinos:"caladiños..." (Mamá de Inés)
  • María non ensinaba na casa o conto que traía da escola pensando que llo íbamos a facer ler pero cando notou que non a agobiábamos coa lectura empezou a sacalo da mochila e querer lelo. (mamá de María)

Cristina, profesora de teatro veu a contar un conto e díxonos que hai que sentir, transmitir a verdade.

Por último Pilar informou das posibilidades do noso portal web, que podemos facer uso dos recursos electrónicos do Proxecto Meiga como usuarios da biblioteca do centro, donde atoparemos moita información, recursos, revistas ....




MAMÁ, PAPÁ, cóntamo outra vez ...

19 de maio de 2010

NEVES

A nosa compañeira Neves ,que segue pendente de nós , lembroume estas interesantes reflexións sobre a lectura de Uxío Novoneyra:


Libros contra a soedade do home.
Libros contra a desinformación.
Libros contra a malformación.
Libros contra libros.
Libros pra soñar i adiantar o posible.
Libros pra saber que as nosas dores non son solo nosas e pra mover a solidaridade que a nós tamén alcance.
Libros pra avantar.
Libros pra volver ó orixen.
Libros pra ler unha vez.
Libros pra ler máis veces.
Libros pra ver outro camiño, que pudo ou que pode ser o noso.
Libros pra erguerse.
Libros pra sentir indignación.
Libros pra sentirse culpabre.
Libros pra sentir o novo que está surxindo noutro sitio e que nos pode chegar, que nos chegará.
Libros pra suscitar.
Libros pra alentar.
Libros pra non cair baixo a trivialidade do exterior cotidiano.
Libros pra ser libres (importante).
... ... ...
UXÍO N. 1982-

12 de maio de 2010

LETRAS GALEGAS

Esta semana estamos a traballar en todas as aulas sobre a figura de Uxío Novoneira.




23 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO

Hoxe fixemos unha actividade diferente na biblioteca. Limos en voz alta o libro de "PÉTALA". Usamos o micrófono para que se nos escoitara ben e cada un de nós leu unha páxina.
Gustounos moito facer este tipo de lectura nun día tan sinalado como é "o día do libro".



Aquí podedes ver o fermoso libro que limos toda a clase de 1º de primaria. Recomendamos a súa lectura e que visitedes a miúdo esta estupenda biblioteca que temos no noso cole.

22 de abril de 2010

Gústame ler

2 de abril de 2010

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Xa estamos no mes de abril, mes de moita celebración arredor do libro e a lectura.
Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on Books for young people) vén de editar o cartel conmemorativo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, correspondente ao ano 2010 e no que reza o lema Un libro espera por ti; búscao!
Nesta ocasión, a responsable da ilustración é a debuxante Noemí Villamuza e o autor do texto é o escritor Eliacer Cansino, ámbolos dous españois e de recoñecido prestixo no ámbito da literatura que xa poden ler os máis novos.
Pódese ler a mensaxe nas catro linguas oficiais do estado e tamén en inglés.
Había unha vez
un barquiño pequeneiro,
que non sabía,
que non podía
navegar.
Pasaron unha, dúas, tres,
catro, cinco, seis semanas,
e aquel barquiño,
e aquel barquiño
navegou.

Apréndese a xogar antes que a ler. E a cantar.
Os nenos da miña terra entoabamos esta canción cando aínda ningún de nós sabiamos ler.
Xuntabámonos en roda na rúa e, disputándonos as voces cos grilos do verán, cantabamos unha e outra vez a impotencia do barquiño que non sabía navegar.

Ás veces fabricabamos barquiños de papel e poñiámolos nas pozas e os barquiños afondaban sen conseguir alcanzar costa ningunha.

Eu tamén era un barco pequeno fondeado nas rúas do meu barrio.
Pasaba as tardes nunha azotea mirando como o sol se poñía polo poñente, e albiscaba ao lonxe —non sabía aínda se ao lonxe do espazo ou ao lonxe do corazón— un mundo marabilloso que se estendía alén de onde alcanzaba a miña vista.

Tras dunhas caixas, nun armario da miña casa, tamén había un libro pequeneiro que non podía navegar porque ninguén o lía.
Cantas veces pasei pola súa beira sen decatarme de súa existencia.
O barco de papel, atoado no lodo; o libro solitario, oculto no andel tras as caixas de cartón.
Un día, a miña man, buscando algo, bateu co lombo do libro.
Se eu fose libro contaríao así: “un día a man dun rapaz rozou a miña cuberta e eu sentín que despregaba as miñas velas e comezaba a navegar”.

¡Que sorpresa cando por fin os meus ollos tiveron en fronte aquel obxecto!
Era un pequeno libro de pastas vermellas e filigranas douradas. Abrino expectante como quen encontra un cofre e ansía saber o seu contido. E non foi para menos.
Nada máis empezar a ler comprendín que a aventura estaba servida: a valentía do protagonista, as personaxes bondadosas, os malvados, as ilustracións con frases a pé de páxina que miraba unha e outra vez, o perigo, as sorpresas…, todo me transportou a un mundo apaixonante e descoñecido.

Desa maneira descubrín que alén da miña casa había un río, e que tras do río había un mar e que no mar, esperando levantar áncora, un barco. O primeiro ao que subín chamábase La Hispaniola, pero o mesmo daría que se chamase Nautilus, Rocinante, a nave de Simbad, a barcaza de Huckleberry, ….todos eles, por máis que pase o tempo, estarán sempre á espera de que os ollos dun neno despreguen as súas velas e lle fagan levantar áncora.

Así que… non esperes máis, estende a túa man, toma un libro, ábreo, le: descubrirás, igual que na canción da miña infancia, que non hai barco, por pequeno que sexa, que en pouco tempo non aprenda a navegar.

Eliacer Cansino
Traducción Ánxela Gracián

23 de marzo de 2010

20 de marzo de 2010

Día Mundial da Poesía


21 de marzo: Día Mundial da Poesía
Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 co obxetivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencial.
Como explica a Directora xeral da Unesco:
  • A diversidade poética brindanos outra maneira de dialogar.
  • Permitenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos.
  • É una faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade.
  • Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade.
  • O descubrimento dun novo poema constitue un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por más distante que se atope en términos xeográficos».

Este ano celebramos o centenario do nacemento do gran poeta Miguel Hernández por iso quero sinalar os seus libros de Poesía Infantil (do blog de poesía infantil i juvenil)



Tristes

(Miguel Hernández)

Tristes guerras

si no es amor la empresa.

Tristes, Tristes.

Tristes armas

si no son las palabras.

Tristes, Tristes.

Tristes hombres

si no mueren de amores.

Tristes, Tristes.

21 de febreiro de 2010

Día Internacional da Lingua Materna 2010


Que é o Día Internacional da Lingua Materna?_

É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

descárgao e difúndeo! (pdf en baixa resolución)



Propostas para o Día Internacional da Lingua Materna
1. Educa no respecto a todas as linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto

11 de febreiro de 2010

Son o capitán da miña alma

Hoxe cúmprense vinte anos da liberación de Nelson Mandela ,despois de vinte e sete anos de prisión. Neses anos, Nelson Mandela, sentiuse fortalecido cos versos do poema Invictus de William Ernest Henley.

Entonces, para que serve a poesía ? Para iso serve , para aprender a vivir.

Que as aulas permitan o contacto coa linguaxe poética pode ser para moitos nenos e mozos condenados á fustración intima e ao fracaso social un xeito de eludir o abismo, unha oportunidade para o asombro e a ledicia , unha fuga , aínda que sexa transitoria, da súa desesperanzada experiencia cotiá
Juan Mata recollido en Antonio García Teijeiro,
A poesía necesaria

Poesía para el pobre poesía necesaria
como el pan de cada día

Gabriel Celaya

Invictus


Out of the night that covers me,
Black as the Pit from pole to pole,

I thank whatever gods may be
For my unconquerable soul.

In the fell clutch of circumstance
I have not winced nor cried aloud.
Under the bludgeonings of chance
My head is bloody, but unbowed.

Beyond this place of wrath and tears
Looms but the Horror of the shade,
And yet the menace of the years
Finds, and shall find, me unafraid.

It matters not how strait the gate,
How charged with punishments the scroll,
I am the master of my fate:
I am the captain of my soul.

Invictus

Desde la noche que sobre mi se cierne,
negra como su insondable abismo,
agradezco a los dioses si existen
por mi alma invicta.

Caído en las garras de la circunstancia
nadie me vio llorar ni pestañear.
Bajo los golpes del destino
mi cabeza ensangrentada sigue erguida.

Más allá de este lugar de lágrimas e ira
yacen los horrores de la sombra,
pero la amenaza de los años
me encuentra, y me encontrará, sin miedo.

No importa cuán estrecho sea el camino,
cuán cargada de castigo la sentencia.
Soy el amo de mi destino;
soy el capitán de mi alma.

25 de xaneiro de 2010

Contos para a paz

O vindeiro 30 de xaneiro celébrase o día da non-violencia e a Paz

e no blog "Soñando cuentos" fálannos deste sinxelo, pero magnífico conto:

FLON-FLON Y MUSINA


"-La guerra no muere jamás, hijo mío.

Sólo duerme de vez en cuando.

Y, cuando duerme, hay que

tener mucho cuidado para no

despertarla —suspiró su padre."

Un día chegou a guerra e separou a estos dos coelliños.
¿Volverán a xogar xuntos?.

Flon-Flon e Musina sempre estaban xuntos. Unhas veces xogaban na parte de Musina. Outras, xogaban na parte oposta, que era de Flon-Flon.
- "Cando sexa grande, casareime con Musina "-dicía Flon-Flon.
E Musina dicía: "Cando sexa grande, Flon-Flon será o meu marido".
Pero unha tarde, o pai de Flon- Flon, mentras lía o xornal, exclamou:-¡Malas noticias! Pronto chegará a guerra ...

Título : Flon-Flon y Musina
Escritora e ilustradora: Elzbieta
Colección: Los piratas Editorial: SM, 2001

Xénero: Contos
Tema: Fantasía
Personaxes: Animais - Coellos - Flon-Flon - Musina

Este libro trata de: Amizade - Guerras


Neste enlace podemos atopar varias propostas para traballar este conto (cortesía de Paco Abril):

http://www.gijon.es/Documentos/Departamentos/FMC/Proged/EXPOCUENTOS%20(FICHA%20DIDACTICA)/FLON%20FLON%20Y%20MUSINA.pdf



Conto: Negros e brancos


Autor e ilustrador: David McKee

Edicións Xerais

NEGROS E BRANCOS


David McKee é un escritor e ilustrador británico coñecido especialmente por ser o creador da serie ELMER, o elefante de cores inspirado na obra do pintor Paul Klee.


Esta historia cóntanos que hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz ...

Un texto axeitado para reivindicar a paz, contra a intolerancia e o racismo, moi apropiado para introducir nas aulas a reflexión arredor da violencia e as súas causas.

1 de xaneiro de 2010

Un poema de Gabriel Celaya

En Aulablog21 felicitan o ano novo con este poema de Gabriel Celaya que me gustou moito.
Educar es...



Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca...
Hay que medir, pensar, equilibrar...,
y poner todo en marcha.
Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino...,
un poco de pirata...,
un poco de poeta...,
y un kilo y medio de paciencia concentrada.
Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño,
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.
Soñar que, cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera enarbolada.


Gabriel Celaya