21 de xuño de 2010

Saramago

Que podemos dicir sobre Saramago! Simplemente que é unha gran perda , que todos quedamos orfos, que se nos encolleu o corazón cando soubemos do seu pasamento. Pero que temos a oportunidade de sentilo próximo lendo as súas obras. No verán temos máis tempo e é un bo momento para reencontrarnos con el , soñar o quel soñou, defender o que el defendía e nada mellor que a literatura para iso. Aproveitemos que nestes días aparecerán de novo as súas obras expostas e volvámolo a ler.
E para comezar volver a ver o corto que se fixo do seu fermoso conto : A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO.
Canto respecto pola infancia ! Canta sabiduría e canta humildade. Saramago un verdadeiro referente .O seu exemplo debe guiarnos.


Paga a pena lembrar o discurso que pronunciou cando recibiu o Premio Nobel tédelo no seguinte enlace :http://www.anosaterra.org/nova/de-como-a-personagem-foi-mestre-e-o-autor-aprendiz--por-jose-saramago.html









7 de xuño de 2010

Obradoiro de lectura para pais e nais de Educación Infantil de cinco anos

Dentro das actividades programadas desde a Biblioteca levouse a cabo un Obradoiro de lectura para pais e nais dos nenos e nenas de cinco anos. Os obxectivos que perseguimos son:

  • Dotar aos pais/nais de estratexias para que seleccionen os libros para os seus fillos.
  • Dar pautas para que disfruten da lectura en familia.
  • Iniciar ou continuar a biblioteca familiar.
  • Fomentar o uso da Biblioteca do colexio.
  • Dar a coñecer os personaxes máis queridos dos contos e os máis recoñecidos.

Na primeira sesión Oliva, a titora de cinco anos, presentou un powerpoint titulado: MAMÁ, PAPÁ, cóntamo outra vez ...


Jose Fresco, psicólogo e pai, falou da importancia da lectura. Hai moitas razóns para ler:

  • Enriquece o pensamento.
  • Mellora os resultados académicos.
  • Divírtenos.

Animou ás nais a compartir consellos entre elas para conseguir que os nenos/as lean.

Pero sobre todo os adultos deben facer de modelos. Se na casa non hai libros, revistas, contos, periódicos é moi dificil que lean os nenos/as.

Á hora de mercar contos: consultar co neno, co profesorado, cos libreiros.

Compartir as lecturas. Os fins de semana pais e fillos ir xuntos mercar o xornal e os nenos que merquen a súa revista.

Noutras sesións comparamos contos de distintas editoriais fixándonos tamén nas ilustracións.

As nais contaron anécdotas referidas aos seus fillos/as:
  • Inés colócanos a todos para lernos o conto e dinos:"caladiños..." (Mamá de Inés)
  • María non ensinaba na casa o conto que traía da escola pensando que llo íbamos a facer ler pero cando notou que non a agobiábamos coa lectura empezou a sacalo da mochila e querer lelo. (mamá de María)

Cristina, profesora de teatro veu a contar un conto e díxonos que hai que sentir, transmitir a verdade.

Por último Pilar informou das posibilidades do noso portal web, que podemos facer uso dos recursos electrónicos do Proxecto Meiga como usuarios da biblioteca do centro, donde atoparemos moita información, recursos, revistas ....




MAMÁ, PAPÁ, cóntamo outra vez ...