22 de abril de 2011

23 de abril Día Mundial do Libro

Poema de Carlos Negro, un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor / 2011


O lugar da lectura


Unha illa de luz na xema dos dedos.

Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

Carlos Negro

9 de abril de 2011

Encontros do plan de mellora de bibliotecas escolares

O venres asistimos en Santiago aos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares para profundizar no modelo da biblioteca escolar que se está a entender, como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
Para clausurar os Encontros disfrutamos dunha charla entrañable de Xosé Neira Vilas o autor de "Memorias dun neno labrego". Este ano cúmprense os 50 anos da publicación deste libro.