31 de outubro de 2011

GRAZAS A TOD@S!

Estes días celebramos na Biblioteca o Samaín. Rosendo, a nosa mascota, pediulles a todos os nenos e nenas do cole que lle axudaran a adornar a biblioteca e a resposta non se fixo esperar... Pola biblioteca apareceron pantasmas, morcegos, meigas, arañas, cabazas,... e todos eles terrorificamente ben feitos. Por eso queremos darvos as grazas a tod@s!



28 de outubro de 2011

Samain na Biblioteca

Todos os cursos de Educación Infantil e algúns cursos de Primaria pasaron hoxe pola Biblioteca para celebrar o Samaín.
Nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Primaria prepararon cancións e bailes coas profes de Música e de Inglés e actuaron para os nenos/as de Infantil. Houbo contos, bailes, cancións, foi moi divertido.



26 de outubro de 2011

Preparando o Samaín

Hoxe despois do patio os nenos e nenas de Educación Infantil de catro anos fomos decorar a biblioteca coas nosas pantasmas. Alí estaban os nenos e nenas de tres anos que tamén fixeron os seus debuxos para decorar a Biblioteca. A profe Oliva contou un conto: "Raquel ten medo" Raquel está na cama e non dá durmido. Mira para a fiestra e ve nela un monstro grande que quere levala...

25 de outubro de 2011

CANTAMOS...





A CABAZA

Se queres saber algo máis das cabazas, preme na imaxe.

SAMAÍN-HALLOWEEN

11 de outubro de 2011

DÍA DA HISPANIDADE

O Día da Hispanidade conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de Cristobal Colón. Esta celebración ten lugar cada 12 de outubro.
Para coñercer máis sobre Cristobal Colón preme na imaxe.

2 de outubro de 2011

Antía Cal, "Chairega de Honra"

Onte foi un día emocionante por ter a sorte de asistir a un acto, organizado pola Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María, no que se nomeaba a Antía Cal “Chairega de Honra”.

Antía Cal dedico
u a súa vida a educación. Viaxou por Europa e coñeceu as correntes pedagóxicas máis importantes. Fundou no ano 1961 o colexio bilingüe Rosalía de Castro en Vigo dónde levou adiante todo o que aprendera. Unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma desde o parvulario), na que primaba o respecto ao alumno, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata.


Neste acto interviron: Avelino Pousa Antelo, Xosé Neira Vilas, Carmiña de Soutomaior, Xosé Manuel Beiras,...

Tamén houbo un xantar de irmandade e un concerto de Mini e Mero.

Unha das cancións interpretadas foi "Ai Amor", poema de Xosé Neira Vilas adicado á súa muller Anisia Miranda.