24 de setembro de 2013

"IMOS CAZAR UN OSO"



Temos na nosa biblioteca este fermoso álbum da editorial Kalandraka. Obra do poeta Michael Rosen e a ilustradora  Helen Oxenbury.

Imos cazar un oso  é unha aventura familiar de xogos, ruídos, sustos e risos, que está baseada nunha antiga canción de campamento inglesa. Ideal para contar en  alto polo uso das onomatopeas.
- Atravesando un campo de herba, un bosque, un río... cazar un oso é unha aventura chea de emoción e imprevistos na que pode involucrarse toda a familia.
-As ilustracións alternan escenas en cor e en branco e negro, a lapis e a acuarela.  
- O paseo de ida paseniño contrasta co de regreso a toda velocidade.

En versión orixinal





Aquí o propio autor Michael Rose xesticulando e cantando a canción. 





Outra versión do conto: "Voy en busca de un león" 





12 de setembro de 2013

OS LIBROS SON A MEMORIA DO MUNDO

Imaxinades unha vida sen libros? 
Si agora mesmo desapareceran todos os libros da Terra, sería como si o mundo houbera perdido a memoria. 
Imaxinádesvos a vosoutros mesmos sen memoria, sen recordos, sen pasado, sen coñecementos? 
Non saberíades nin sequera quenes sodes, nin de dónde vides, nin nada de nada. 
Os libros son a memoria do mundo. 
 (Teixidor, 2007)

2 de setembro de 2013

A SEGUNDA ESTRELA Á DEREITA. CORTOMETRAXE

Nunha biblioteca un home é interrumpido mentras le para recibir de mans dun fantástico personaxe un bonito globo bermello.

Noutro lugar da mesma biblioteca, un neno solitario mira ensimismado os debuxos de “El Principito”, descubrindo que vai vestido igual que el. 

O home e o neno están destinados a coñecerse, e comezan un
 diálogo sen palabras.
Con este xogo no que o neno comeza uns debuxos que o home
 debe acabar, descubrimos o amor polos libros, 
e a capacidade do Arte para dar liberdade.