28 de xaneiro de 2014

QUE PENSAS....DA PAZ?

O alumnado de Infantil e Primaria respondeu á carta de Rosendo, na que pedia a todos que pensasen nesta fermosa palabra : PAZ. Nin cortos nin perezosos todos traballaron un montón e Rosendo recibiu unha morea de mensaxes. Podédelos ver neste fermoso arco da vella que decora a entrada da Biblioteca.

SEGUIMOS COA CIENCIA

Xa entregamos os premios a aqueles nenos que participaron no concurso "Ciencia que conta". Os vosos contos están na biblioteca recollidos nuns libros..
Pero por si acaso algún non atopa estos libros, aquí vos deixamos este issuu para que os poidades ler dende aquí. Boa lectura!!!

PREMIOS AOS MELLORES CIENTÍFICOS

Como xa sabedes estivemos traballando coa ciencia dende a biblioteca. Con este tema participamos no concurso de Educa Barrié "Ciencia que conta" e aínda que non resultou ninguén premiado neste concurso, dende a biblioteca queremos darvos as grazas por ter participado e por facelo tan ben. Así os nenos que participaron tiveron como premio unha libreta, un pin e máis un marcapáxinas... Sodes uns artistas!
E como di o noso científico da biblioteca...

27 de xaneiro de 2014

DIA ESCOLAR DA PAZ

Aquí tedes distintos recursos para o Día Escolar da Paz que se celebra o día 30 de xaneiro.Preme na pomba!