31 de marzo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (International Children's Book Day).É unha oportunidade especial para ver ou ler un libro en familia, unha actividade estimulante e divertida.
Conmemórase neste día porque é o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen (1805-1875), escritor danés de contos tan famosos como "A sereiña" ou "O parrulo feo".
Este día está promovido polo IBBY (International Board on Books for Young People) dende o ano 1967 coa idea de promocionar os libros infantís e xuvenís .
Cada ano un país membro desta organización faise cargo da edición do cartel anunciador desta data..Este é o cartel deste ano:

A ilustradora do cartel é Niamh Sharkey.  A mensaxe co lema foi escrita por  Siobhán Parkinson.     

Aquí tedes un video con máis datos sobre Hans Christian Andersen: