21 de decembro de 2016

ENTREGA DE PREMIOS

Con motivo da entrega de premios do XV Concurso de debuxo de Medio Ambiente convocado por A.M.A. e a entrega do premio á mellor postal de Nadal convocado polo Equipo de Normalización Lingüística do noso Centro, reunímonos na biblioteca.
Aquí tedes as fotos da entrega:




E a postal de Lucas López Caaveiro de 6º de primaria.



NORABOA A TODOS E A TODAS!

18 de decembro de 2016

NESTE NADAL...

Neste Nadal non nos podemos esquencer dos libros... Que mellor momento para disfrutar da maxia da lectura!

                                                         Ilustración de Axel Schleffer.



                                                         Ilustración de Sarah Wilkins.

CHEGOU O NADAL Á BIBLIOTECA

O Equipo da Biblioteca non para de traballar. Mirade que fermosa árbore e que simpático reno nos reciben na porta!

11 de novembro de 2016

Leonard Cohen

Hoxe queremos  sumarnos a todas as persoas que senten a morte de Leonard Cohen  escoitando unha das ssúas fermosas cancións







Grazas por todo o que nos deixas!




16 de outubro de 2016

BOB DYLAN PREMIO NOBEL DE LITERATURA

 Moitos parabéns a Bob Dylan  polo seu premio nada menos que o Premio Nobel!
 Outorgáronllo por ser quen de  crear unha expresión poética dentro da gran tradición americana da canción

Bob Dylan é ademais dun gran poeta, un gran lector . El mesmo confesou que antes de compoñer as súas cancións xa lera moitos libros de poesía.  

 Aproveitade estes días para escoitar algunha das súas cancións . Nós no blog deixamos unha das máis coñecidas.

11 de outubro de 2016

ROALD DAHL











 Este curso conmemórase o  centenario do nacemento de Roald  Dahl.




Sabemos que é un dos vosos escritores favoritos, que vos parece se vos pasades pola biblioteca e ledes algún libro del !!


 Nesta presentación de  Ana Nebreda Domínguez de Biblioabrazo atoparedes unha breve información da súa obra 


100 años con Roald Dahl from Biblioabrazo
Se queredes máis información lede este artigo tamén de Ana.

Seguro que vos encantará convertervos en booktubers e  comentar  un libro  ata podedes participar nun concurso



 


 Para  os profes  unha  ligazón moi interesante con moitas actividades.
 Axudádesnos a completar un mural: debuxade un personaxe ou unha escena que vos gustase. Traédenos fotos , e elaborade unha pequena biografía . 
 E se en cada clase creamos un club para comentar unha lectura? 

Profes,  nesta ligazón   de actividades propostas para as bibliotecas municipais de Barcelona hai ideas moi interesantes .

Tamén  debedes ter en conta a información deste traballo da biblioteca escolar do CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco)


Publish at Calameo

Nesta páxina tamén se atopacan moitos recursos

Nest artigo publicado en Imaginaria aparece unha boa análise de As Bruxas , se se quere profundizar





29 de setembro de 2016

BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016/17

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. 

Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual. A imaxe garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.

15 de setembro de 2016

22 de xuño de 2016

LECTURAS PARA O VERÁN

E agora ... Non deixedes de ler! Bo verán! e Boas lecturas!

7 de xuño de 2016

AUDICIÓN CON ALUMNOS DO CONSERVATORIO

Este martes puidemos disfrutar dunha audición feita por alumnos de percusión do Conservatorio das Pontes na nosa biblioTECA. Gustounos moito e puidemos ver o ben que o fan algúns dos nosos alumnos, Daniel (de 3º de primaria) e Daniel (de 5º de primaria) que nos amosou un instrumento moi orixinal feito con botellas.


20 de maio de 2016

PLUMILLAS E BRAILLE

Outra das actividades que fixemos na Biblioteca do cole para celebrar o Día das Letras Galegas, foi tratar de escribir o noso nome en Braille, utilizando a máquina Perkins. Tamén tentamos escribir cunhas plumillas e tinta, que nos deixou o noso compañeiro José Mª. Non era nada doado!! Pero foi unha experiencia moi interesante e quedamos con ganas de volver a facelo.

30 de abril de 2016

CARTEIS SOBRE MANUEL MARÍA

Estos son os carteis realizados polo alumnado do centro. Noraboa a todos polo voso traballo!


28 de abril de 2016

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2016



A Casa Museo de Manuel María é o espazo no que se alberga o conxunto do seu legado e, ao mesmo tempo, a sede da súa Fundación. Animádevos a visitala clicando aquí.

No Seminario Galán, como todos os anos, traballaron arreo para que poideramos disfrutar destes estupendos recursos. Graciñas por compartilos.



Tamén podedes atopar máis recursos e materiais didácticos na páxina da Coordinadora de ENDL.Clicade na seguinte imaxe.


E para coñecer mellor a obra deste autor, aquí tedes este blogue, no que podedes ler cada día un poema diferente.


Neste vídeo e neste Issuu atoparás información sobre o día das Letras Galegas, xunto cunha breve introducción acerca do homenaxeado deste ano, Manuel María.













25 de abril de 2016

20 de abril de 2016

SHAKESPEARE

Aquí poder ler algunhas das frases célebres de Shakespeare:

                                 


No blog de inglés do noso cole, UP AND AWAY, tedes máis información sobre este autor.

DIA DO LIBRO

Se xa entraches na biblioteca, puideches ver os libros, carteis e pasatempos que tiñamos preparados para ti.

DÍA DO LIBRO 2016

O día 23 de abril de 2016 cúmplense 400 años da morte de Miguel de Cervantes e Shakespeare.Celebramos, pois, o IV centenario.

Dende o equipo de biblioteca temos postos unha serie de recursos na barra lateral do noso blog. Busca esta imaxe:

E AGORA ...

É tempo de entrar nun mundo apaixoante. Ven e poderás pasalo xenial con personaxes ben conocidos por todos vos. Atréveste? Pois adiante... Aquí tes a porta!

4 de abril de 2016

MIRADE QUEN VEU A VERNOS!

O venres, día 1 de abril, os nosos amigos Helena Villar Janeiro e Suso Rábade Paredes achegáronse ata o noso centro, entre outros lugares que visitaron. Aproveitamos que, sendo o sábado o Día Internacional do libro infantil , departiran con nenos e nenas de varios cursos de primaria a última hora da mañá na biblioteca. Falaron dalgún dos seus libros e de varias anécdotas da súa vida. Tamén aproveitamos para facerlles algunhas preguntas e para que os nenos e nenas de 3º recitaran de memoria un poema do seu libro "As señoras cousas". Encantounos compartir con estes dous grandes escritores e mellores persoas uns momentos verdadeiramente máxicos. Voltade sempre que queirades....aquí tedes xente miúda e non tanto que vos quere de verdade.
                                       

2 de abril de 2016

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe, día 2 de abril, se celebra este día tan importante que pretende facer visible, concienciar e informar sobre este trastorno que afecta en España a 1 de cada 100 nenos e nenas. Para eliminar moitos falsos mitos e ideas quivocadas temos este poster que seguro nos pode axudar a entender un pouco máis ás persoas que o padecen.



DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O 2 de abril de 1805 naceu en Odense, Dinamarca, o escritor e poeta Hans Christian Andersen. Dende 1967, coincidindo con esta data, o IBBY (organización internacional para o libro xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (International Children's Book Day) co fin de promocionar os libros e a lectura.
Tódolos anos, unha sección nacional do IBBY patrocina este día e elixe a un escritor ou escritora e a un ilustrador ou ilustradora para crear unha mensaxe que chegue a tódolos lectores.
Este ano 2016 a escritora elexida é a brasileira Luciana Santori e o ilustrador Ziraldo.
Clica no cartel e poderás ler a mensaxe desta escritora e coñecer máis tanto dela como do ilustrador:

17 de marzo de 2016

CHOVE POESÍA...

Neste mes de marzo tivemos moitos días para celebracións, tanto medioambientais, como literarias e artísticas: Día da Árbore, Día da Auga, Día da Poesía, Chegada da primavera...E se mesturamos os días da auga, da árbore e da poesía, resulta que no noso cole choven poemas e medran preciosas plantiñas . Mirade canto traballaron os cursos de infantil e primaria.



10 de marzo de 2016

24 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA


Chegou o día 24. Chegou o día de estrear o carnet. A biblioteca estivo chea de nenos e nenas. Que gusto cando todos compartimos un mesmo espazo e o pasamos tan ben!
Os nenos e nenas non so colleron un libro en galego para conmemorar este día, tamén recitaron en voz alta algún poema de Rosalía para que os demáis cursos o escoitasen, escribiron nun libro palabras fermosas para Rosalía e tamén, unha alumna de secundaria, Antía, cantou o poema "Adiós ríos, adiós fontes" e moitos animáronse a acompañala. Foi unha mañá chea de sorpresas e de bos momentos. Grazas a todos e todas por participar neste día tan especial!

23 de febreiro de 2016

A SORPRESA DE ROSENDO

Coma sempre Rosendo non para de traballar, xa o sabedes, así que o día 23, un día antes do Día de Rosalía, o alumnado de infantil e primaria recibiu unha carta e unha caixiña misteriosa de parte da nosa mascota. Que había nesa caixiña? Pois algo que lles fixo moita ilusión aos nenos e nenas: O CARNET DA BIBLIOTECA. Na carta, Rosendo dicía que o Día de Rosalía, o día 24, era un día perfecto para estrear o carnet levando un libro en galego para ler na casa.
Dito e feito!

8 de febreiro de 2016

EXPLORANDO A ROSALÍA

O lema deste ano das Biblioteca escolares é " A Biblioteca, Base de Exploracións". E que mellor que explorar no mundo da nosa Rosalía. Que vos parece a idea? Non deixedes de pasar pola biblioteca!

UN DÍA MOI ESPECIAL

Como xa sabedes o 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove dende 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora , oo Día de Rosalía, data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Neste 2016 a AELG propón celebralo baixo o lema "Mobiliza Rosalía".



Mentres esperamos ese día podedes ler e escoitar "Negra sombra":