Este mesmo día entregáronse os premios do Concurso de Reciclado:
2 de xuño de 2017
ENTREGA DE PREMIOS
O xoves, día 1, tivo lugar na biblioteca a entrega de premios do Certame literario do día das Letras Galegas que promove a ANPA e o equipo de Normalización Lingüística do noso centro. Ademais entregáronse uns lotes de libros a todos aqueles que participaron na resolución de preguntas sobre Carlos Casares.
Este mesmo día entregáronse os premios do Concurso de Reciclado:
Noraboa a todos!!!
Este mesmo día entregáronse os premios do Concurso de Reciclado:
17 de maio de 2017
Carlos Casares
Este ano Carlos Casares estivo máis presente nos centros e nas bibliotecas e iso é o realmente importante , dos escritores interésanos a súa obra e Carlos Casares ten unha obra extensa e para todas as idades, no noso cole tamén lle prestamos especial atención e desenvolvemos moitas actividades esta semana e ademais compramos para a biblioteca as súas obras para que sempre estean a disposición dos lectores interesados .
No seguinte vídeo podedes escoitar rapaces de 1º e 4º de ESO lendo en francés e en galego , partindo da tradución de Carlos Casares a pasaxe onde o aviador se atopa co Principiño e debe debuxarlle un año.
Tamén podedes escoitar o relato " A rapaza do circo " de Vento Ferido na voz de Lorrane, Paula, Germán e Sara
Audio
Estes rapaces opinan tamén sobre: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e O galo de Antioquía
AUDIO
Os alumnos de 1º de Primaria e a súa mestra Concha ofrecenos esta fermosa versión do conto A galiña azul
Podedes escoitala AQUÍ
Tamén podedes escoitar este fermoso fado de María do Ceo adicado a Carlos Casares

4 de maio de 2017
MERCADIÑO LITERARIO
Co gallo da celebración do Día do libro o 23 de Abril, dende o equipo de biblioteca organizamos un
mercadiño literario. O alumnado interesado en participar, trouxo da
casa libros usados aos que lle quería dar unha nova oportunidade de ser
disfrutados polos seus compañeiros.
27 de abril de 2017
READING TROLLEY
Esta semana está adicada ao día do libro, por iso o equipo de biblioteca xunto coa teacher Ángeles decidimos facer algo distinto e fomentar o uso da lectura en inglés. Fixemos un carriño (trolley) con libros en inglés que paseará polas aulas de primaria, todos os mércores, xoves e venres, para que @s nen@s teñan un sistema de préstamo distinto ao que fan normalmente e tamén disfruten da hora de ler.
25 de abril de 2017
Darío Xohán Cabana
Hoxe acompañounos Darío Xohán Cabana .
Foi moi xeneroso, pasou tada a mañá con nós e contestou todas as preguntas que lle fixemos.
Aprendemos sobre a súa tradución ao galego de
Falounos tamén de Dumas e da obra
Os tres Mosqueteros que tamén traduciu
el ao galego. Relatounos con paixón a morte de Portos,
e de paso soubemos que os escritores se emocionan
coas súas obras e poden chegar a chorar cando un
dos seus personaxes morre aínda que sexan personaxes de ficción.

Das suas obras: Galván en Saor, Morte de rei,
O cervo na torre, Vidas senlleiras. comentou
aspectos interesantes que descoñeciamos.
O cervo na torre, Vidas senlleiras. comentou
aspectos interesantes que descoñeciamos.
Confesounos que lle encantaría que de algunha das súas novelas se fixese unha película.
Xa sabiamos da amizade e da importancia na súa vida
de dous grandes mestres, Manuel María e
Xosé María Alvarez Blazquez dos que destacou por enriba de todo as súas cualidades humanas.
de dous grandes mestres, Manuel María e
Xosé María Alvarez Blazquez dos que destacou por enriba de todo as súas cualidades humanas.
E fíxonos pensar sobre a importancia de falar a nosa lingua e de tratar de conservala , aprendemos que
O FUTURO DA LINGUA DEPENDE DE NÓS !
O FUTURO DA LINGUA DEPENDE DE NÓS !
Grazas ao profesor Iago Rodríguez Yañez por acercarnos este escritor tan interesante.
1 de abril de 2017
2 DE ABRIL
O día 2 de abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Nesta ocasión, a sección de Ibby de Rusia foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, do escritor ruso Sergey Makhotin fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan. O debuxante e ilustrador Mikhail Fedorov pon a imaxe a este cartel que se difunde xunto co texto nas catro linguas do estado. Tamén está accesibe en inglés e ruso a través da páxina de Ibby.
Clica na imaxe e poderás ler mais sobre este escritor ruso e o seu texto:

21 de marzo de 2017
21 DE MARZO
Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía e tamén a chegada da primavera. Que mellor forma de celebrar estos dous días que lendo un poema moi coñecido de Gloria Fortes, "A la prima, primavera".
8 de marzo de 2017
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O día 8 de marzo é o Día da muller traballadora. Os nenos e nenas de 2º de primaria quixeron amosar os debuxos que fixeron para recordar a unha desas mulleres: Maruja Mallo, e aquí temos o resultado da súa exposición:
24 de febreiro de 2017
DÍA DE ROSALÍA
O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.Neste día recordamos a esta importante muller galega e a súa obra.
Fixéronse distintas actividades, os nenos e nenas de 3º escribiron e ilustraron poemas de Rosalía que despois se expuxeron na biblioteca.
Fixéronse distintas actividades, os nenos e nenas de 3º escribiron e ilustraron poemas de Rosalía que despois se expuxeron na biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)