PAXINAS

1 de outubro de 2008

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS


Iniciamos de novo as publicacións no blog neste mes adicado ás bibliotecas . Este curso imos empezar un novo camiño porque a nosa biblioteca entrou no PLAMBE. Mañá asistimos ilusionados á primeira reunión.Estamos contentos porque cada ano nos imos aproximando un pouco máis á meta que queremos alcanzar.O cartel que chegou ao centro pon imaxe ao noso soño, o texto que aparece en BIBLOTECAS ESCOLARES defíneo moi ben, por iso os recollemos aquí:

A biblioteca escolar como instrumento necesario e imprescindible ao servizo das aprendizaxes no centro.... de todo tipo de aprendizaxes: a lectura comprensiva de textos diversos en soportes tamén diversos, o uso crítico (e mais ético) de fontes informativas diferentes, a produción de información propia, a elaboración de traballos documentais en función das necesidades xeradas desde as distintas áreas e materias, o ser lector... unha biblioteca que dá servizo a profesorado e alumnado, tamén cando se pode, ao resto da comunidade escolar... unha ferramenta no traballo por competencias que os novos currículos-LOE apoian decididamente.... é dicir, un auténtico servidor central.


Só uma coisa torna un sonho impossível : o medo de fracasar.
Paulo Coelho








6 comentarios:

  1. hi really a very nice blog... visit me at http://thenetspider.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Que alegría podervos ler de novo!
    Esta ilusión vai medrar pola vosa crenza. Moitas enerxías!!

    ResponderEliminar
  3. Benvid@s,
    Por un curso (que serán moitos máis) cheo de proxectos e de ilusións compartidas!!!!
    Apertas dende Fene.

    ResponderEliminar
  4. Fina , gustoume moito o da neve e xa vin as fotos , son moi bonitas.
    Moitos bicos.

    Erea

    ResponderEliminar
  5. Fina,gustoume moito o da neve e foi moi divertido.Xa vin as foto,son moi bonitas.

    Un saúdo, Erea

    ResponderEliminar
  6. Gustoume o da neve e molou o da
    foto si que e moi bonita e tan bonita que me da ganas de comela.



    EREA PÉREZ LÓPEZ



    MOITISIMOS BICOS PARA FINA

    ResponderEliminar