Ano 1898.- O primeiro: FÁBULAS GALAICO-CASTELLANAS.
1921.- TRES CONTOS MARABILLOSOS de Vicente Risco (inédito ata 2004)
1961.- MEMORIAS DUN NENO LABREGO de X. Neira Vilas (publícase en Bos Aires)
1966.- POLO MAR VAN AS SARDIÑAS de Xohana Torres. Ed. Galaxia.
1972.- O PRINCIPIÑO de Saint-Exupéry (traducido por Carlos Casares)
1985.- ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS de L.Carrol (Premio Nacional á versión galega)
1990.- Ilustracións de Xan López na Feira do Libro de Boloña.
1995.- CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE de Xabier P. Docampo (Premio Nacional LIX)
1996.- O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA de F. Casalderrey (Premio Nacional LIX)
1998.- Nace a Editorial K A L A N D R A K A .
1999.- O COELLIÑO BRANCO. Premio Nacional para o ilustrador Óscar Villán. Kalandraka Editora.
2000.- A MEMORIA DAS ÁRBORES, con texto de X.A. Neira Cruz, imaxes de Kiko da Silva e música de Marcial del Adalid (O.Sinfónica Galicia)
2005.- A SOMBRA DESCALZA de An Alfaya (Premio Lazarillo)
2007.- GRAN LIBRO DOS RETRATOS DE ANIMAIS. O Q O Editora. Favorito!
2008.- O SORRISO DE DANIELA, Factoría K.
OVOS DUROS, OQO Ed.
Tamén premiados en Boloña.
É unha sorte telos!!
2 de abril de 2008
1 de abril de 2008
31 de marzo de 2008
O Libro das Infinitas Historias
É o relato co que Agustín Fdez. Paz pecha a súa premiada obra, CONTOS POR PALABRAS.
Dun anuncio de compra de libros antigos, voaremos hacia un lector que pode cambiar ó seu gusto o rumbo da historia.
Sucede con Aurora, na trastenda do negocio de libros do seu pai. Exemplares raros, valiosos: "-Claro que ten follas e palabras. E claro que conta unha historia... Ou infinitas, porque hoxe é unha e mañá é outra, segundo como interveña quen o le."
E aparece unha nena, Mariña. Que bonito!
Dun anuncio de compra de libros antigos, voaremos hacia un lector que pode cambiar ó seu gusto o rumbo da historia.
Sucede con Aurora, na trastenda do negocio de libros do seu pai. Exemplares raros, valiosos: "-Claro que ten follas e palabras. E claro que conta unha historia... Ou infinitas, porque hoxe é unha e mañá é outra, segundo como interveña quen o le."
E aparece unha nena, Mariña. Que bonito!
Adóptao!
Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar, e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só; sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que logo puxo na súa porta, e dicía: “¿Quen me quere adoptar? Busco familia con nenos.”FINA CASALDERREY éncheo de bos valores...
27 de marzo de 2008
XOIAS para nenas e nenos.
Coma todos os anos, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2008 correspondeulle a Tailandia e é o autor desta nacionalidade, Chakrabhand Posayakrit , quen nos achega unha fermosísima imaxe e un texto que se inicia con esta afirmación, que subscribimos: A busca do saber a través da lectura debe recibir un trato prioritario e cómpre que se fomente dende a infancia.Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego. MENSAXE
vía Bibliotecas escolares - Blog de Bibliotecas escolares de cristina el 26/03/08
26 de marzo de 2008
BOAS FERRAMENTAS
As familias contan, e moito, no labor de formación dos novos lectores. Entre os materiais do programa de fomento da lectura en centros escolares, HORA DE LER, distribuídos pola Consellería de Educación, pódense atopar uns caderniños deseñados específicamente para traballar xunto coas familias na creación e consolidación de hábitos de lectura desde as primeiras idades. Tódalas carpetas destinadas ás nenas e nenos de educación infantil, baixo o lema ¡CONTAMOS MOITO! incluían, ademais dos materiais para os pequenos lectores, 7 folletos sobre a lectura e unha proposta destinada ao profesorado para a súa utilización.¿Quen le?
¿Cando ler?
¿Que ler?
¿A quen ler?
¿Como ler?
¿Onde ler?
¿Por que ler?
Contan moito neste conto... vía Hora de ler de Asesoría Bibliotecas Escolares el 26/03/08
22 de marzo de 2008
E NÓS, como andamos de empatía?
Tomei prestadas estas imaxes a través do enlace dunha blogueira e tamén paisana.
21 de marzo de 2008
Para HOXE e para SEMPRE
ESTO NO ES NADA
Si tuviésemos la fuerza suficiente
para apretar como es debido un trozo de madera,
sólo nos quedaría entre las manos
un poco de tierra.
Y si tuviésemos más fuerza todavía
para presionar con toda la dureza
esa tierra, sólo nos quedaría
entre las manos un poco de agua.
Y si fuese posible aún
oprimir el agua,
ya no nos quedaría entre las manos
nada.
ÁNGEL GONZÁLEZ.
[Reláxate vendo isto]
Si tuviésemos la fuerza suficiente
para apretar como es debido un trozo de madera,
sólo nos quedaría entre las manos
un poco de tierra.
Y si tuviésemos más fuerza todavía
para presionar con toda la dureza
esa tierra, sólo nos quedaría
entre las manos un poco de agua.
Y si fuese posible aún
oprimir el agua,
ya no nos quedaría entre las manos
nada.
ÁNGEL GONZÁLEZ.
[Reláxate vendo isto]
20 de marzo de 2008
Un paseo de ARTE
Nestes días pódese contemplar no emblemático edificio da Fundación Caixa Galicia en Ferrol a exposición “Sorolla e os seus contemporáneos”. Son dezasete óleos do artista levantino Joaquín SOROLLA y Bastida (Valencia, 1863) , e outros, todos procedentes do Museo Nacional de Bellas Artes de La Habana.
Un pracer de verdade!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)