21 de xuño de 2010
Saramago
E para comezar volver a ver o corto que se fixo do seu fermoso conto : A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO.
Canto respecto pola infancia ! Canta sabiduría e canta humildade. Saramago un verdadeiro referente .O seu exemplo debe guiarnos.
Paga a pena lembrar o discurso que pronunciou cando recibiu o Premio Nobel tédelo no seguinte enlace :http://www.anosaterra.org/nova/de-como-a-personagem-foi-mestre-e-o-autor-aprendiz--por-jose-saramago.html
7 de xuño de 2010
Obradoiro de lectura para pais e nais de Educación Infantil de cinco anos
- Dotar aos pais/nais de estratexias para que seleccionen os libros para os seus fillos.
- Dar pautas para que disfruten da lectura en familia.
- Iniciar ou continuar a biblioteca familiar.
- Fomentar o uso da Biblioteca do colexio.
- Dar a coñecer os personaxes máis queridos dos contos e os máis recoñecidos.
Na primeira sesión Oliva, a titora de cinco anos, presentou un powerpoint titulado: MAMÁ, PAPÁ, cóntamo outra vez ...
Jose Fresco, psicólogo e pai, falou da importancia da lectura. Hai moitas razóns para ler:
- Enriquece o pensamento.
- Mellora os resultados académicos.
- Divírtenos.
Animou ás nais a compartir consellos entre elas para conseguir que os nenos/as lean.
Pero sobre todo os adultos deben facer de modelos. Se na casa non hai libros, revistas, contos, periódicos é moi dificil que lean os nenos/as.
Á hora de mercar contos: consultar co neno, co profesorado, cos libreiros.
Compartir as lecturas. Os fins de semana pais e fillos ir xuntos mercar o xornal e os nenos que merquen a súa revista.
Noutras sesións comparamos contos de distintas editoriais fixándonos tamén nas ilustracións.As nais contaron anécdotas referidas aos seus fillos/as:
- Inés colócanos a todos para lernos o conto e dinos:"caladiños..." (Mamá de Inés)
- María non ensinaba na casa o conto que traía da escola pensando que llo íbamos a facer ler pero cando notou que non a agobiábamos coa lectura empezou a sacalo da mochila e querer lelo. (mamá de María)
Cristina, profesora de teatro veu a contar un conto e díxonos que hai que sentir, transmitir a verdade.
Por último Pilar informou das posibilidades do noso portal web, que podemos facer uso dos recursos electrónicos do Proxecto Meiga como usuarios da biblioteca do centro, donde atoparemos moita información, recursos, revistas ....
MAMÁ, PAPÁ, cóntamo outra vez ...
19 de maio de 2010
NEVES
Libros contra a soedade do home.
Libros contra a desinformación.
Libros contra a malformación.
Libros contra libros.
Libros pra soñar i adiantar o posible.
Libros pra saber que as nosas dores non son solo nosas e pra mover a solidaridade que a nós tamén alcance.
Libros pra avantar.
Libros pra volver ó orixen.
Libros pra ler unha vez.
Libros pra ler máis veces.
Libros pra ver outro camiño, que pudo ou que pode ser o noso.
Libros pra erguerse.
Libros pra sentir indignación.
Libros pra sentirse culpabre.
Libros pra sentir o novo que está surxindo noutro sitio e que nos pode chegar, que nos chegará.
Libros pra suscitar.
Libros pra alentar.
Libros pra non cair baixo a trivialidade do exterior cotidiano.
Libros pra ser libres (importante).
... ... ...
UXÍO N. 1982-
12 de maio de 2010
23 de abril de 2010
DÍA DO LIBRO
Gustounos moito facer este tipo de lectura nun día tan sinalado como é "o día do libro".
Aquí podedes ver o fermoso libro que limos toda a clase de 1º de primaria. Recomendamos a súa lectura e que visitedes a miúdo esta estupenda biblioteca que temos no noso cole.
22 de abril de 2010
2 de abril de 2010
2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Había unha vez
un barquiño pequeneiro,
que non sabía,
que non podía
navegar.
Pasaron unha, dúas, tres,
catro, cinco, seis semanas,
e aquel barquiño,
e aquel barquiño
navegou.
Apréndese a xogar antes que a ler. E a cantar.
Ás veces fabricabamos barquiños de papel e poñiámolos nas pozas e os barquiños afondaban sen conseguir alcanzar costa ningunha.
Eu tamén era un barco pequeno fondeado nas rúas do meu barrio.
Tras dunhas caixas, nun armario da miña casa, tamén había un libro pequeneiro que non podía navegar porque ninguén o lía.
¡Que sorpresa cando por fin os meus ollos tiveron en fronte aquel obxecto!
Desa maneira descubrín que alén da miña casa había un río, e que tras do río había un mar e que no mar, esperando levantar áncora, un barco. O primeiro ao que subín chamábase La Hispaniola, pero o mesmo daría que se chamase Nautilus, Rocinante, a nave de Simbad, a barcaza de Huckleberry, ….todos eles, por máis que pase o tempo, estarán sempre á espera de que os ollos dun neno despreguen as súas velas e lle fagan levantar áncora.
Eliacer Cansino
Traducción Ánxela Gracián
23 de marzo de 2010
20 de marzo de 2010
Día Mundial da Poesía

21 de marzo: Día Mundial da Poesía
Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 co obxetivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencial.
- A diversidade poética brindanos outra maneira de dialogar.
- Permitenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos.
- É una faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade.
- Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade.
- O descubrimento dun novo poema constitue un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por más distante que se atope en términos xeográficos».
Este ano celebramos o centenario do nacemento do gran poeta Miguel Hernández por iso quero sinalar os seus libros de Poesía Infantil (do blog de poesía infantil i juvenil)
Tristes
(Miguel Hernández)
Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, Tristes.
Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, Tristes.
Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, Tristes.