Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o noso amigo Rosendo mandounos un encargo moi especial. Tiñamos que facer uns divertidos marcapáxinas. Puxemos a nosa imaxinación a traballar e aquí podedes ver o resultado. A que mola?
6 de abril de 2014
31 de marzo de 2014
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (International Children's Book Day).É unha oportunidade especial para ver ou ler un libro en familia, unha actividade estimulante e divertida.
Conmemórase neste día porque é o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen (1805-1875), escritor danés de contos tan famosos como "A sereiña" ou "O parrulo feo".
Este día está promovido polo IBBY (International Board on Books for Young People) dende o ano 1967 coa idea de promocionar os libros infantís e xuvenís .
Cada ano un país membro desta organización faise cargo da edición do cartel anunciador desta data..Este é o cartel deste ano:
A ilustradora do cartel é Niamh Sharkey. A mensaxe co lema foi escrita por Siobhán Parkinson.
Aquí tedes un video con máis datos sobre Hans Christian Andersen:

25 de febreiro de 2014
RECITANDO POEMAS DE ROSALÍA
Con motivo do Día de Rosalía onte recitaron na biblioteca do colexio moitos dos nosos alumnos. Todos eles de distintos cursos de infantil, primaria e secundaria. Aquí os podedes ver en pleno recitado, fáltannos as fotos dos nenos de infantil de cinco anos que o fixeron moi ben.
23 de febreiro de 2014
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
PREMIADOS
Estos son os premiados no Concurso de Cartas de Amor organizado polo Equipo de Normalización Lingüística do cole. Noraboa a todos!!!
17 de febreiro de 2014
O CONTO VIAXEIRO
Mirade e escoitade estes contos tan fermosos feitos entre todos os colexios do noso pobo: Santa María, Magdalena, A Fraga e por suposto o noso, Monte Caxado. Grazas ao Equipo de Normalización Lingüística do noso concello por esta iniciativa e noraboa a todos os participantes por este traballo tan ben feito.
Este é o video do conto Aventura na terra das Pontes I
Este é o video do conto Aventura na terra das Pontes II
Na barra lateral temos o resutado final dos dous contos. Non deixedes de velos!!!
Este é o video do conto Aventura na terra das Pontes I
Este é o video do conto Aventura na terra das Pontes II
Na barra lateral temos o resutado final dos dous contos. Non deixedes de velos!!!
2 de febreiro de 2014
CONCURSO DE CARTAS DE AMOR
Un ano máis o Equipo de Normalización Lingüística do Centro proponnos este concurso para que calquera namorado ou namorada declare o seu amor nunha carta ou poema. Preme na imaxe para coñecer as bases do concurso e ... Anímate a participar!
28 de xaneiro de 2014
QUE PENSAS....DA PAZ?
O alumnado de Infantil e Primaria respondeu á carta de Rosendo, na que pedia a todos que pensasen nesta fermosa palabra : PAZ. Nin cortos nin perezosos todos traballaron un montón e Rosendo recibiu unha morea de mensaxes. Podédelos ver neste fermoso arco da vella que decora a entrada da Biblioteca.
SEGUIMOS COA CIENCIA
Xa entregamos os premios a aqueles nenos que participaron no concurso "Ciencia que conta".
Os vosos contos están na biblioteca recollidos nuns libros..
Pero por si acaso algún non atopa estos libros, aquí vos deixamos este issuu para que os poidades ler dende aquí. Boa lectura!!!
Pero por si acaso algún non atopa estos libros, aquí vos deixamos este issuu para que os poidades ler dende aquí. Boa lectura!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)