O Equipo da Biblioteca non para de traballar. Mirade que fermosa árbore e que simpático reno nos reciben na porta!
18 de decembro de 2016
11 de novembro de 2016
Leonard Cohen
Hoxe queremos sumarnos a todas as persoas que senten a morte de Leonard Cohen escoitando unha das ssúas fermosas cancións
Grazas por todo o que nos deixas!
Grazas por todo o que nos deixas!
16 de outubro de 2016
BOB DYLAN PREMIO NOBEL DE LITERATURA
Moitos parabéns a Bob Dylan polo seu premio nada menos que o Premio Nobel!
Outorgáronllo por ser quen de crear unha expresión poética dentro da gran tradición americana da canción
Outorgáronllo por ser quen de crear unha expresión poética dentro da gran tradición americana da canción
Bob Dylan é ademais dun gran poeta, un gran lector . El mesmo confesou que antes de compoñer as súas cancións xa lera moitos libros de poesía.
Aproveitade estes días para escoitar algunha das súas cancións . Nós no blog deixamos unha das máis coñecidas.
11 de outubro de 2016
ROALD DAHL
Sabemos que é un dos vosos escritores favoritos, que vos parece se vos pasades pola biblioteca e ledes algún libro del !!
Nesta presentación de Ana Nebreda Domínguez de Biblioabrazo atoparedes unha breve información da súa obra
100 años con Roald Dahl from Biblioabrazo
Se queredes máis información lede este artigo tamén de Ana.
Seguro que vos encantará convertervos en booktubers e comentar un libro ata podedes participar nun concurso . Se queredes máis información lede este artigo tamén de Ana.
Para os profes unha ligazón moi interesante con moitas actividades.
Axudádesnos a completar un mural: debuxade un personaxe ou unha escena que vos gustase. Traédenos fotos , e elaborade unha pequena biografía .
E se en cada clase creamos un club para comentar unha lectura?
Profes, nesta ligazón de actividades propostas para as bibliotecas municipais de Barcelona hai ideas moi interesantes .
Tamén debedes ter en conta a información deste traballo da biblioteca escolar do CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco)
Publish at Calameo
Nesta páxina tamén se atopacan moitos recursos
Nest artigo publicado en Imaginaria aparece unha boa análise de As Bruxas , se se quere profundizar
29 de setembro de 2016
BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016/17
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual. A imaxe garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
15 de setembro de 2016
22 de xuño de 2016
7 de xuño de 2016
AUDICIÓN CON ALUMNOS DO CONSERVATORIO
Este martes puidemos disfrutar dunha audición feita por alumnos de percusión do Conservatorio das Pontes na nosa biblioTECA. Gustounos moito e puidemos ver o ben que o fan algúns dos nosos alumnos, Daniel (de 3º de primaria) e Daniel (de 5º de primaria) que nos amosou un instrumento moi orixinal feito con botellas.


20 de maio de 2016
PLUMILLAS E BRAILLE
Outra das actividades que fixemos na Biblioteca do cole para celebrar o Día das Letras Galegas, foi tratar de escribir o noso nome en Braille, utilizando a máquina Perkins. Tamén tentamos escribir cunhas plumillas e tinta, que nos deixou o noso compañeiro José Mª. Non era nada doado!! Pero foi unha experiencia moi interesante e quedamos con ganas de volver a facelo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





