As Bibliotecas son un requisito básico para a nosa educación, e son imprescindibles para o progreso cultural.



A ilustradora Ana Juan, conseguiu este venres o Premio Nacional de Ilustración 2010 concedido polo Ministerio de Cultura.
O seu traballo céntranse en debuxos de corte fantástico e de estilo
naif.
Licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia, Ana Juan (1961) é ilustradora, escritora e pintora, e colaborou en revistas como "Madriz", "El Víbora", "Metal Hurlant", "Marie-Claire", "New Yorker", e diarios como El Mundo e El País.
No blog "Soñando cuentos" podemos atopar a biografía desta importante ilustradora.
Aconsello visitar tamén a páxina web de Ana Juan e disfrutar das súas ilustracións.
Na primeira sesión Oliva, a titora de cinco anos, presentou un powerpoint titulado: MAMÁ, PAPÁ, cóntamo outra vez ...
Animou ás nais a compartir consellos entre elas para conseguir que os nenos/as lean.
Pero sobre todo os adultos deben facer de modelos. Se na casa non hai libros, revistas, contos, periódicos é moi dificil que lean os nenos/as.
Á hora de mercar contos: consultar co neno, co profesorado, cos libreiros.
Compartir as lecturas. Os fins de semana pais e fillos ir xuntos mercar o xornal e os nenos que merquen a súa revista.
Noutras sesións comparamos contos de distintas editoriais fixándonos tamén nas ilustracións.Cristina, profesora de teatro veu a contar un conto e díxonos que hai que sentir, transmitir a verdade.
Por último Pilar informou das posibilidades do noso portal web, que podemos facer uso dos recursos electrónicos do Proxecto Meiga como usuarios da biblioteca do centro, donde atoparemos moita información, recursos, revistas ....
MAMÁ, PAPÁ, cóntamo outra vez ...