27 de abril de 2013

CURRICULUM BIMODAL

ENCONTROS DE EDUCACIÓN


Nos Encontros de Infantil e Primaria en Santiago de Compostela.Gustáronnos sobre todo as conferencias de:
  • D. Miguel Ángel Santos Guerra (Doutor en Ciencias da Educación, catedrático de Didáctica e Organización Escolar na    Universidade de Málaga)  
  • D. José Ramón Flecha García (Catedrático da Universidade de Barcelona. Doctor Honoris Causa pola Universidade de Timisoara)
     Santos Guerra falounos do paso decisivo , de infantil a primaria. Cada neno e nena salta dunha maneira diferente: 
    Pode ter sentimentos positivos ou negativos:
    • Curiosidade   ou incertidunbre                                 
    • Alta autoestima ou baixa autoestima
    • Ilusión por avanzar ou temor a fracasar.
    • ........
  • Podemos pedir aos nenos que escriban ou  debuxen  o que pensan, explorar aos nenos.
  • Os profesionais debemos seguir unhas estratexias para un bo paso.
Ramón Flecha falounos dos Centros Educativos como Comunidades de Aprendizaxe. 
Para mellorar os resultados en educación temos os datos da Comunidade Científica Internacional. O que está demostrado que funciona e ten éxito é o seguinte:
  1. Grupos interactivos
  2. Formación de familiares
  3. Lectura dialóxica
  1. Os grupos interactivos  son grupos de alumnos que traballan xuntos, o profesor dinamiza o grupo. Os mellores recursos son os amigos e as amigas. 
  2. O éxito escolar non depende tanto da titulación do pai ou da nai senón das prácticas socioculturais das familias.  
  3. Ler non é un proceso individual senón colectivo. A lectura dialóxica non se reduce ao espacio da aula, debe ter lugar con todas as persoas que interactúan nas vidas de cada neno e cada nena dentro e fóra da aula.
Santos Guerra escribe no seu blog El Adarve 



23 de abril de 2013

PRACER LECTOR E COMPRENSIÓN LECTORA


Neste Día Internacional do Libro queremos lembrar as conclusións do Informe Pisa 2009

En todos os países , o alumnado que disfrutaba máis coa lectura tivo un rendemento máis alto ca o que dixo que non lle gustaba ler. O alumnado ao que non lle gusta ler é o que non disfruta lendo . Ler por pracer e rendemento son factores positivamente asociados. Animar a leer ao alumnado a ler máis horas non necesariamente axuda a  que mellore a súa comprensión lectora. Hai indicadores que demostran que a diferenza está en que lean diariamente por diversión non na cantidade bruta do tempo que pasan lendo
“PISA 2009. Informe español”. Ministerio de Educación, 2010 http://www.educacion.gob.es/dctm/ministerio/horizontales/prensa/notas/2010/ 20101207-pisa2009-informeespanol.pdf?documentId=0901e72b806ea35a

 Ese é o camiño por iso dende a biblioteca procuramos espertar no alumnado o gusta pola lectura con distintas actividades. 

Bo Día do Libro! Boas lecturas!

2 de abril de 2013

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil para promocionar os libros e a lectura.


Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco



21 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA

Para celebrar o día da poesía este femoso vídeo que atopamos no blog de bibliotecas escolares de Galicia.

 

13 de marzo de 2013

CONTACONTOS: "O PAÍS DOS MANDÓNS"

Hoxe achegámonos á casa Dopeso para asistir á representación dun Contacontos teatralizado baseado no libro "O País dos Mandóns", este libro xa nos resultaba coñecído porque temos a sorte de poder contar con el na Biblioteca .



"O País dos Mandóns":
 Neste país uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas,  as nais ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas.


Hai que cambiar estas normas tan inxustas para crear un novo país: "O País da Igualdade".

Explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. 

 "A urna dos desexos":
 Clara aprende o que son unhas eleccións e como as persoas poden decidir  quen vai  gobernar introducindo un papeliño nunha urna. Un modo sinxelo  de ensinar a nenos e nenas en que consiste a democracia participativa e  a
paridade.


6 de marzo de 2013

BUSCANDO INFORMACIÓN PARA OS PROXECTOS

Comezamos un novo proxecto e necesitamos investigar. Onde atoparemos información?: Na BIBLIOTECA!




3 de marzo de 2013

TEATRANDO





Xa está rematado o mural da Biblioteca: "TEATRANDO" . Neste mural colaboraron nenos e nenas de Infantil, Primaria e Secundaria. 
Os nenos e nenas de Infantil de catro anos tamén aportamos o noso graíño de area.