Este ano o lema das Bilbiotecas Escolares de Galicia é este. E xa estamos mans á obra pensando en actividades que nos axuden a ver que as matemáticas non son só números. Estades dispostos a embarcaros nesta nova aventura?
Pronto recibiredes novas de Rosendo...porque algo está argallando seguro!!!
22 de outubro de 2014
1 de outubro de 2014
22 de setembro de 2014
A VISITA DE HELENA VILLAR JANEIRO
Xa temos as fotos da charla que nos ofreceu Helena Villar Janeiro na biblioteca do noso centro. De novo darlle as grazas por virnos visitar!
19 de setembro de 2014
HELENA VILLAR JANEIRO
O curso pasado a derradeira nova do noso blog facía referencia a esta escritora galega nada en Becerreá (Lugo).E agora, ao comezar este curso, de novo temos que falar dela e con moita satisfación posto que hoxe tivemos o inmenso pracer de contar coa súa presenza na biblioteca do noso colexio. Non podíamos comezar mellor!
Veunos presentar o seu novo libro AS SEÑORAS COUSAS, leunos algúns dos seus poemas e contounos historias que nos encantaron.
Agradecémoslles moito a Helena e a Xesús Rábade Paredes, o seu home e tamén gran escritor, a súa visita!
Lembrade que na nosa biblioteca temos moitos dos libros desta entrañable escritora galega: "Raúl", "Un rato na casa", "As señoras cousas",Viaxe a Illa Redonda, Don Merlo con chaqueta, A voda do papá, A cidade de Aldara, o enterro da galiña de Domitila Rois,...

12 de setembro de 2014
CONCERTO DA BANDA
Este venres 12 de setembro puidemos disfrutar dun mini concerto dalgúns dos compoñentes da Banda Municipal das Pontes. Fixeron unha pequena actuación para os nenos/as dende infantil de 5 anos ata 3º de primaria. Grazas a todos eles por amosarnos o seu talento!
10 de setembro de 2014
19 de xuño de 2014
1º CERTAME GALEGO DAS ARTES POLA IGUALDADE DE XÉNERO “RELATOS”
Os nenos e nenas de primeiro de primaria están de noraboa. Veñen de recibir este sábado pasado o 1º premio no 1º certame galego das artes pola igualdade de xénero. Este certame estaba dedicado este ano a Helena Villar Janeiro, grande escritora galega, que estivo presente na entrega do premio. Parabéns a estes pequenos escritores!!! Aquí tedes o conto co que resultaron premiados:
20 de maio de 2014
LETRAS GALEGAS NO LICEO
O día 17 de maio un grupo de alumnos de 5º de Educación Primaria asistiron ao Liceo Recreativo Artístico para facer unha lectura dun traballo referido a D. Enrique Rivera Rouco. Por suposto fixéronno moi ben. Noraboa!!!
19 de maio de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)