25 de decembro de 2010

Luís Seoane

Non quixemos acabar este ano sen celebrar o Centenario do Nacemento de Luís Seoane.
Desde a Biblioteca saiu a proposta de facer un percorrido pola obra deste autor polifacético: Pintor, escritor, editor, gravador, muralista...e sobre todo comprometido co seu país, traballando por Galicia tanto aquí coma no exilio.
Todos os cursos: Infantil, Primaria e Secundaria participaron nesta proposta facendo unha historia do Nadal coas pinturas de Luís seoane.


2 comentarios:

Teachers dixo...

A verdade é que foi unha actividade moi "chula" na que estivo implicado todo o centro e os traballos quedaron moi ben. Noraboa a todos e graciñas a esas mentes que teñen tan boas ideas.
Angeles Lourés

Pilar dixo...

Un traballo ben bonito e ben interesante . Alguén me preguntou se era posible que alumnado de 1º de Infantil estivese traballando sobre Luís Seoane e eu dixen si é posible e ademais estimulante.