11 de maio de 2011

Lois Pereiro

Que mellor homenaxe para un escritor que lelo . Iso é o que estamos a facer estes días:ler, recitar ,pintar,sentir os seus versos . Na biblioteca temos todos os seus libros e tamén obras que falan del.
Os escritores, é certo, non morren nunca . Seguen con nós a través da súa obra. Nós estamolo a disfrutar e a coñecer a través de todo o que deixou escrito e escoitando aos que o coñeceron . Hai moitas páxinas na rede sobre Lois pero gústanos especialmente a WEB que creou o seu irmán.
Pasará O Día das Letras Galegas pero non pasará o noso interés pola obra de Lois Pereiro, seguirémolo lendo,seguirémolo lembrando , seguirá axudándonos a entendernos e a poñer voz aos nosos sentimentos .

Nós tamén o sabemos LOIS VIVE

2 comentarios:

neves dixo...

Estas palabras tiñan que ser TÚAS.
Ledicia coas Letras!!

bibliocaxado dixo...

Grazas Neves, gústame moito a poesía de Lois como él dicía está feita con sangue. Ten moita autenticidade. Foi moi fácil trasmitila aos rapaces ,simplemente nos deicamos a lela e todos atopaban versos e frases que os emocionaban e lles gustaban , estou contenta. Xa sabes que teño o defecto de conformarme con pouco.

Pilar