Este conto foi un dos elexidos para ler na semana que falamos do medo.
En Educación Infantil analizamos a portada:
Cal é a cor predominante?
Que vemos?
Que levaría o neno na cesta?
Fixemos hipóteses sobre o que pasaría nesta historia.
Anthony Browne é autor e ilustrador inglés. As imaxes de Anthony Browne están cargadas de surrealismo e conteñen unha mezcla inquietante entre un realismo case fotográfico e o misterio.
Nelas hai moitas referencias culturais a pintores, ao cine, a literatura e á música, que se convirten en guiños para os lectores que podan recoñecelos nese momento, ou máis adiante cando encontren esa referencia noutro lugar.
A continuación podemos visualizar unha entrevista de Anthony Browne na Argentina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario