Kalandraka recupera este clásico de 1968: Libro Destacado pola Asociación de Bibliotecarios de América.
O paseo de Rosalía de Pat Hutchins. Apenas contén texto porque non é necesario, as imaxes teñen a forza necesaria para seguir o relato paso a paso, cunha
estrutura circular: o paseo da galiña Rosalía e o accidentado e
humorístico axexo ao que a somete un raposo que a persegue sen que ela
se decate do perigo.A galiña Rosalía saíu pasear, atravesou a eira, rodeou a poza...
Despois de lelo na Biblioteca e na clase viaxou polas casas dos nenos e nenas de Infantil
Tod@s contaron o conto na clase á súa maneira.
Podedes escoitar os contos no blog de Infantil de catro anos remendos
Ningún comentario:
Publicar un comentario