O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concedeulle á editorial
galega Kalandraka o Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural
2012 polo "compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos
textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros máis
complexos como a poesía", cualificando a editorial como "un referente en
España e no estranxeiro".
Esta é a primeira vez que unha editorial especializada en literatura
Infantil e xuvenil recibe este galardón. Alegrámonos moito xa que na Biblioteca é unha das nosas editoriais preferidas. Noraboa Kalandraka!"
Kalandraka Premio Nacional a la mejor labor editorial 2012 on PhotoPeach
Ningún comentario:
Publicar un comentario