Dá gusto entrar na biblioteca cando está chea de xente, cando está animada, cando o ruído que se oe non molesta, cando len, estudian, falan ou comentan algo cos compañeir@s que teñen ao lado.
Nas últimas xornadas de Bibliotecas Escolares aconsellaban chamalle "Bablateca" e poñer un cartel "Permítese falar"
Dá gusto entrar na biblioteca cando hai moitos nenos e nenas, cando van porque queren, porque se senten a gusto, e as persoas encargadas da biblioteca acollen tan ben a tod@s.
Todo isto foi o que vin cando entrei hoxe na hora do recreo!
2 comentarios:
Uau, que chulada! E con tantos cativos e cativas ...
Así da gusto, unha biblioteca escolar aliméntase da vida que lle aportan os nenos cando asisten e se lles ve que disfrutan dela.
Publicar un comentario