Temos na nosa biblioteca este fermoso álbum da editorial Kalandraka. Obra do poeta Michael Rosen e a ilustradora Helen Oxenbury.
Imos cazar un oso é unha aventura familiar de xogos, ruídos, sustos e risos, que está baseada nunha antiga canción de campamento inglesa. Ideal para contar en alto polo uso das onomatopeas.
- Atravesando un campo de herba, un bosque, un río... cazar un oso é unha aventura chea de emoción e imprevistos na que pode involucrarse toda a familia.
-As ilustracións alternan escenas en cor e en branco e negro, a lapis e a acuarela.
- O paseo de ida paseniño contrasta co de regreso a toda velocidade.
En versión orixinal
Aquí o propio autor Michael Rose xesticulando e cantando a canción.
Outra versión do conto: "Voy en busca de un león"
Ningún comentario:
Publicar un comentario