10 de xaneiro de 2011

FREINET

Na rede social Internetenelaula adicada á educación , hai un grupo Freinet en el sigloXXI
Para compartir experiencias entre docentes que teñen interés na actualización das súas técnicas a través das TIC. A gora que imos comezar coa aula AVALAR en 4º e 1º ESO pareceume interesante traer a este blog o enlace a dous vídeos que atopei neste grupo nos que Segundo Fidalgo maestro do CPI San Félix de Candás ( Asturias) reivindica nunha ponencia o legado da pedagoxía freinet insistindo na importancia da metodoloxía e resaltando o carácter instrumental das TIC

Watch live streaming video from cprdeaviles at livestream.com
Continúa




cprdeaviles on livestream.com. Broadcast Live Free




25 de decembro de 2010

Luís Seoane

Non quixemos acabar este ano sen celebrar o Centenario do Nacemento de Luís Seoane.
Desde a Biblioteca saiu a proposta de facer un percorrido pola obra deste autor polifacético: Pintor, escritor, editor, gravador, muralista...e sobre todo comprometido co seu país, traballando por Galicia tanto aquí coma no exilio.
Todos os cursos: Infantil, Primaria e Secundaria participaron nesta proposta facendo unha historia do Nadal coas pinturas de Luís seoane.


21 de decembro de 2010

"Todo o mundo vai"


A dónde nos levan estas pegadas?
.... Á BIBLIOTECA!


Queremos que todos os nenos e nenas pasen pola Biblioteca e disfruten da lectura.
Cada neno/a fai a súa pegada e escribe nela o título do libro que máis lle gustou.

28 de novembro de 2010

Charla sobre As Fragas do Eume

O pasado venres os nenos e nenas de educación Infantil e os de primeiro curso de Primaria asistimos a unha charla na Biblioteca. Roberto, pai de Tadios, e membro de Drosera, unha organización sen ánimo de lucro, adicada ao estudio e conservación do medio natural en Galicia, explicounos a fauna e a flora das Fragas do Eume. Disfrutamos coas imáxenes que nos ía mostrando e adiviñamos algúns nomes dos animais e plantas que ían saíndo. Agradecemos moito ao pai de Tadios que nos regalara un pouco do seu tempo para ir coñecendo a nosas Fragas do Eume.

Posted by Picasa

2 de novembro de 2010

Variacións sobre a lectura. III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia-2010

Este fin de semana varias profesoras do centro que intentamos avanzar no desenrolo da Biblioteca asistimos aos III Encontros de Bibliotecas escolares de Galicia, celebrados en Santiago, no Pazo de Congresos os días 29 e 30 de outubro. Todos os materiais, están dispoñibles a través do espazo moodle habilitado para estes encontros.
Pódese acceder como "convidado".

Samaín na Biblioteca

A semana pasada a Biblioteca estivo moi animada, ademáis das visitas normais de todos os días pasamos por alí as tres clases de Educación Infantil, o primeiro ciclo de E. Primaria e máis cursos. Estivemos ambientando a Biblioteca para celebrar o Samaín. Fixéronse guirnaldas de cabazas, pantasmas,... fixemos murais, decoramos cabazas....buscamos libros de medo para expoñelos e lelos nas clases...

O xoves Oliva, mestra de educación Infantil estaba esperándonos para contarnos o conto da Bruxa Regañadentes que foi todo un éxito.




Gracias Oliva, pasámolo de marabilla, desexamos repetir esta experiencia moitas veces.
Posted by Picasa

24 de outubro de 2010

Día da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase en todo o mundo o día da BIBLIOTECA.

As Bibliotecas son un requisito básico para a nosa educación, e son imprescindibles para o progreso cultural.


Os nenos e nenas de Infantil na Biblioteca.
Contamos coa visita dunha Contacontos

26 de setembro de 2010

Ana Juan, Premio Nacional de Ilustración 2010




A ilustradora Ana Juan, conseguiu este venres o Premio Nacional de Ilustración 2010 concedido polo Ministerio de Cultura.

O seu traballo céntranse en debuxos de corte fantástico e de estilo
naif.

Licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia, Ana Juan (1961) é ilustradora, escritora e pintora, e colaborou en revistas como "Madriz", "El Víbora", "Metal Hurlant", "Marie-Claire", "New Yorker", e diarios como El Mundo e El País.


No blog "Soñando cuentos" podemos atopar a biografía desta importante ilustradora.


Aconsello visitar tamén a páxina web de
Ana Juan e disfrutar das súas ilustracións.

6 de setembro de 2010