3 de abril de 2011
29 de marzo de 2011
Conto
Hoxe os nenos e nenas de tres anos estivemos na Biblioteca buscando libros de caracois. Nacesitamos investigar para un novo proxecto. Atopamos un conto que nos gustou moito: "O caracol Remoldiño"
Tres amigos caracois mercaron unha empanada e enviaron ó máis pequeno a mercar o viño. Remoldiño sospeitaba que os seus amigos ían comer o manxar mentres el facía o recado. Remoldiño escondeuse a vixiar o que pasaba…22 de marzo de 2011
DÍA MUNDIAL DA AUGA
Hoxe celebramos na Biblioteca o Día da Auga con distintas actividades todas relacionadas coa Aula de Medio Ambiente. Oliva, a profesora de apoio a Educación Infantil traballou moito preparando as prácticas e materiais para os experimentos que se levaron a cabo. Os nenos/as pasáronno moi ben.
Actividades feitas:
- Vídeo da gota de auga.
- Xogo relacionado coa molécula da auga.
- Experimentos: A evaporación, a condensación, densidades dos líquidos, pozo de barrena...
Todos os cursos de Educación Infantil e Primaria pasaron pola Biblioteca.
Actividades feitas:
- Vídeo da gota de auga.
- Xogo relacionado coa molécula da auga.
- Experimentos: A evaporación, a condensación, densidades dos líquidos, pozo de barrena...
Todos os cursos de Educación Infantil e Primaria pasaron pola Biblioteca.
13 de marzo de 2011
Anthony Browne
Un dos libros que traballamos estes días para falar do traballo da muller é
"O libro dos cochos" de Anthony Browne.
Anthony Browne é un autor e ilustrador inglés, coñecido especialmente polos gorilas humanizados que protagonizan os seus libros. Estos animais gústanlle pola enorme forza e dulzura e ademais di que lle recordan ao seu pai, un ex boxeador grande, forte e cariñoso.

A continuación podemos ver unha entrevista feita a Anthony Browne na Arxentina na que explica a importancia da ilustración nos libros.
7 de febreiro de 2011
QUE FAI FALTA?
Entre as novidades da Biblioteca está este precioso libro.

Gianni Rodari, un dos autores imprescindibles no mundo da educación que soubo explicarnos como explorar e desenrolar a creatividade e imaxinación infantil a través da palabra.
Neste libro Gianni Rodari parte do xogo da deducción. O relato segue unha sucesión lóxica sobre a orixe dun objeto cotidiano que culmina no máis fermoso da natureza.
As ilustracións son de Silvia Bonani que utiliza a técnica do collage.
Para ter unha mesa fai falta madeira,
para ter madeira fai falta a árbore,
para ter a árbore....
25 de xaneiro de 2011
CONTACONTOS
Hoxe na Biblioteca a clase de tres anos tivo unha contacontos excepcional. Unha nena de sexto curso de primaria ofreceuse para contarnos un conto.
O conto elexido foi :
O conto elexido foi :
"O coelliño branco"

Un conto moi bonito que Jessica contou marabillosamente. Dámoslle as grazas e esperamos que esta experiencia se repita.
Este intercambio de coñecementos entre os nenos/as maiores e pequenos e moi motivador para todos, e moi enriquecedor.
10 de xaneiro de 2011
FREINET
Na rede social Internetenelaula adicada á educación , hai un grupo Freinet en el sigloXXI
Para compartir experiencias entre docentes que teñen interés na actualización das súas técnicas a través das TIC. A gora que imos comezar coa aula AVALAR en 4º e 1º ESO pareceume interesante traer a este blog o enlace a dous vídeos que atopei neste grupo nos que Segundo Fidalgo maestro do CPI San Félix de Candás ( Asturias) reivindica nunha ponencia o legado da pedagoxía freinet insistindo na importancia da metodoloxía e resaltando o carácter instrumental das TIC
25 de decembro de 2010
Luís Seoane
Non quixemos acabar este ano sen celebrar o Centenario do Nacemento de Luís Seoane.
Desde a Biblioteca saiu a proposta de facer un percorrido pola obra deste autor polifacético: Pintor, escritor, editor, gravador, muralista...e sobre todo comprometido co seu país, traballando por Galicia tanto aquí coma no exilio.
Todos os cursos: Infantil, Primaria e Secundaria participaron nesta proposta facendo unha historia do Nadal coas pinturas de Luís seoane.
Desde a Biblioteca saiu a proposta de facer un percorrido pola obra deste autor polifacético: Pintor, escritor, editor, gravador, muralista...e sobre todo comprometido co seu país, traballando por Galicia tanto aquí coma no exilio.
Todos os cursos: Infantil, Primaria e Secundaria participaron nesta proposta facendo unha historia do Nadal coas pinturas de Luís seoane.
21 de decembro de 2010
"Todo o mundo vai"
A dónde nos levan estas pegadas?
.... Á BIBLIOTECA!
Queremos que todos os nenos e nenas pasen pola Biblioteca e disfruten da lectura.
Cada neno/a fai a súa pegada e escribe nela o título do libro que máis lle gustou.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







