25 de outubro de 2011

CANTAMOS...





A CABAZA

Se queres saber algo máis das cabazas, preme na imaxe.

SAMAÍN-HALLOWEEN

11 de outubro de 2011

DÍA DA HISPANIDADE

O Día da Hispanidade conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de Cristobal Colón. Esta celebración ten lugar cada 12 de outubro.
Para coñercer máis sobre Cristobal Colón preme na imaxe.

2 de outubro de 2011

Antía Cal, "Chairega de Honra"

Onte foi un día emocionante por ter a sorte de asistir a un acto, organizado pola Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María, no que se nomeaba a Antía Cal “Chairega de Honra”.

Antía Cal dedico
u a súa vida a educación. Viaxou por Europa e coñeceu as correntes pedagóxicas máis importantes. Fundou no ano 1961 o colexio bilingüe Rosalía de Castro en Vigo dónde levou adiante todo o que aprendera. Unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma desde o parvulario), na que primaba o respecto ao alumno, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata.


Neste acto interviron: Avelino Pousa Antelo, Xosé Neira Vilas, Carmiña de Soutomaior, Xosé Manuel Beiras,...

Tamén houbo un xantar de irmandade e un concerto de Mini e Mero.

Unha das cancións interpretadas foi "Ai Amor", poema de Xosé Neira Vilas adicado á súa muller Anisia Miranda.


23 de setembro de 2011

A casa dos contos



KERITY, LA CASA DE LOS CUENTOS. ESTRENO 23 DE SEPTIEMBRE DE 2011
Película dirixida por Dominique Monféry, que nos traslada ao mundo animado da gran ilustradora Rébecca Dautremer.

É a historia de Natanel, un neno de 7 anos que aínda non sabe ler, pero que herda da súa tía Eleonor a máis valiosa colección de contos do mundo, contos que ocultan un secreto que lle fará correr grandes aventuras.

22 de setembro de 2011

LER EN FAMILA

Xa estamos aquí de novo queremos comezar cun fermosísimo video sobre a lectura en familia
Un vídeo de Lectura Lab, o laboratorio lectura da Fundación Germán Sánchez Ruipérez


LEER EN CASA

12 de xuño de 2011

LER E DIVERTIDO!

Vin este video no blog casa de tol@s e gustoume moito. NON E MAXIA. É O PODER DA IMAXINACIÓN. Canta razón teñen! So hai que ver a cara destes nenos lendo o libro ...



Para acceder á páxina web do autor do libro que acabas de ver no video: HERVÉ TULLET, preme na imaxe. É moi divertida e interesante. Podes elexir entre francés ou inglés.

8 de xuño de 2011

Teatro de sombras do conto: Nadarín

Os ciéntificos de E. Infantil que estan investigando do sol e das sombras prepararon unha representación do conto: Nadarín. Recortaron as siluetas dos personaxes e fixeron un teatro de sombras.
Levouse a cabo na Biblioteca e o público invitado foron os nenos e nenas de primeiro de Primaria.