Antía Cal dedicou a súa vida a educación. Viaxou por Europa e coñeceu as correntes pedagóxicas máis importantes. Fundou no ano 1961 o colexio bilingüe Rosalía de Castro en Vigo dónde levou adiante todo o que aprendera. Unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma desde o parvulario), na que primaba o respecto ao alumno, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata.
Neste acto interviron: Avelino Pousa Antelo, Xosé Neira Vilas, Carmiña de Soutomaior, Xosé Manuel Beiras,...
Unha das cancións interpretadas foi "Ai Amor", poema de Xosé Neira Vilas adicado á súa muller Anisia Miranda.
1 comentario:
Noraboa, cantas grandes ENSINANTES nunha imaxe!
Publicar un comentario