31 de outubro de 2011

GRAZAS A TOD@S!

Estes días celebramos na Biblioteca o Samaín. Rosendo, a nosa mascota, pediulles a todos os nenos e nenas do cole que lle axudaran a adornar a biblioteca e a resposta non se fixo esperar... Pola biblioteca apareceron pantasmas, morcegos, meigas, arañas, cabazas,... e todos eles terrorificamente ben feitos. Por eso queremos darvos as grazas a tod@s!



28 de outubro de 2011

Samain na Biblioteca

Todos os cursos de Educación Infantil e algúns cursos de Primaria pasaron hoxe pola Biblioteca para celebrar o Samaín.
Nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Primaria prepararon cancións e bailes coas profes de Música e de Inglés e actuaron para os nenos/as de Infantil. Houbo contos, bailes, cancións, foi moi divertido.



26 de outubro de 2011

Preparando o Samaín

Hoxe despois do patio os nenos e nenas de Educación Infantil de catro anos fomos decorar a biblioteca coas nosas pantasmas. Alí estaban os nenos e nenas de tres anos que tamén fixeron os seus debuxos para decorar a Biblioteca. A profe Oliva contou un conto: "Raquel ten medo" Raquel está na cama e non dá durmido. Mira para a fiestra e ve nela un monstro grande que quere levala...

25 de outubro de 2011

CANTAMOS...





A CABAZA

Se queres saber algo máis das cabazas, preme na imaxe.

SAMAÍN-HALLOWEEN

11 de outubro de 2011

DÍA DA HISPANIDADE

O Día da Hispanidade conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de Cristobal Colón. Esta celebración ten lugar cada 12 de outubro.
Para coñercer máis sobre Cristobal Colón preme na imaxe.

2 de outubro de 2011

Antía Cal, "Chairega de Honra"

Onte foi un día emocionante por ter a sorte de asistir a un acto, organizado pola Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María, no que se nomeaba a Antía Cal “Chairega de Honra”.

Antía Cal dedico
u a súa vida a educación. Viaxou por Europa e coñeceu as correntes pedagóxicas máis importantes. Fundou no ano 1961 o colexio bilingüe Rosalía de Castro en Vigo dónde levou adiante todo o que aprendera. Unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma desde o parvulario), na que primaba o respecto ao alumno, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata.


Neste acto interviron: Avelino Pousa Antelo, Xosé Neira Vilas, Carmiña de Soutomaior, Xosé Manuel Beiras,...

Tamén houbo un xantar de irmandade e un concerto de Mini e Mero.

Unha das cancións interpretadas foi "Ai Amor", poema de Xosé Neira Vilas adicado á súa muller Anisia Miranda.


23 de setembro de 2011

A casa dos contos



KERITY, LA CASA DE LOS CUENTOS. ESTRENO 23 DE SEPTIEMBRE DE 2011
Película dirixida por Dominique Monféry, que nos traslada ao mundo animado da gran ilustradora Rébecca Dautremer.

É a historia de Natanel, un neno de 7 anos que aínda non sabe ler, pero que herda da súa tía Eleonor a máis valiosa colección de contos do mundo, contos que ocultan un secreto que lle fará correr grandes aventuras.