2 de outubro de 2011

Antía Cal, "Chairega de Honra"

Onte foi un día emocionante por ter a sorte de asistir a un acto, organizado pola Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María, no que se nomeaba a Antía Cal “Chairega de Honra”.

Antía Cal dedico
u a súa vida a educación. Viaxou por Europa e coñeceu as correntes pedagóxicas máis importantes. Fundou no ano 1961 o colexio bilingüe Rosalía de Castro en Vigo dónde levou adiante todo o que aprendera. Unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma desde o parvulario), na que primaba o respecto ao alumno, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata.


Neste acto interviron: Avelino Pousa Antelo, Xosé Neira Vilas, Carmiña de Soutomaior, Xosé Manuel Beiras,...

Tamén houbo un xantar de irmandade e un concerto de Mini e Mero.

Unha das cancións interpretadas foi "Ai Amor", poema de Xosé Neira Vilas adicado á súa muller Anisia Miranda.


1 comentario:

neves dixo...

Noraboa, cantas grandes ENSINANTES nunha imaxe!