Un ano máis, as mochilas viaxeiras comezan a súa
andadura, como unha invitación para disfrutar dos libros en compañía,
compartindo coa familia os sentimentos e as sensacións que producen as
lecturas propostas, co fin de fomentar o hábito lector no alumnado do
centro.
As familias poden realizar suxerencias ou contar a experiencia de
lectura compartida na "libreta da mochila".
ROSENDO, a
nosa mascota, tamén está presente e ten preparada unha carta para todos os nenos
e nenas. Unha sorpresa! Que nos contará Rosendo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario