No mes de
outubro celebramos o día da Biblioteca e o mes das Bibliotecas escolares.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica cada ano uns carteis
divulgativos que pretenden facer visible as distintas
posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo
e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras.
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata
de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter
científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas
relacionados coa ciencia. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario