17 de novembro de 2013

Morreu DORIS LESSING, escritora británica e nobel de literatura

Hoxe faleceu, aos 94 anos, a escritora británica e premio Nobel de literatura, Doris Lessing. A autora de obras como 'Canta a herba' ou 'Historias de Londres', foi tamén premiada en 2001 co Príncipe de Asturias das Letras.


10 de novembro de 2013

MIGUELANXO PRADO, PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013

Miguelanxo Prado acaba de recibir o Premio Nacional de Cómic 2013 pola súa obra: Ardalén.

Abre as páxinas de Ardalén e disfruta desta novela gráfica.

Miguelanxo Prado traballou para a Televisión Galega creando o personaxe Xabarín e todos os personaxes da serie Os vixiantes do camiño

Neste documental o autor, entre outros, explícanos o seu oficio de debuxante de banda deseñada.

31 de outubro de 2013

APRENDER CIENCIA É DIVERTIDO

Pinchando sobre a imaxe atoparemos moito material sobre a CIENCIA.
 

29 de outubro de 2013

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA


No mes de outubro celebramos o día da Biblioteca e o mes das Bibliotecas escolares.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras.



O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.  A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

28 de outubro de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

Neste mes comezou a cobrar vida a Biblioteca.
Un ano máis, as mochilas viaxeiras comezan a súa andadura, como unha invitación para disfrutar dos libros en compañía, compartindo  coa familia os sentimentos e as sensacións que producen as lecturas propostas, co fin de fomentar o hábito lector  no alumnado do centro. 
As familias poden realizar suxerencias ou contar a experiencia de lectura compartida na "libreta da mochila". 




 ROSENDO, a nosa mascota, tamén está presente e ten preparada unha carta para todos os nenos e nenas. Unha sorpresa! Que nos contará Rosendo?

25 de outubro de 2013

ENTRA NA BIBLIOTECA!


Vídeo de animación á lectura realizado desde a biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei.




20 de outubro de 2013

FAMILIAS LECTORAS

O hábito lector e a comprensión lectora desenvólvense no seo familiar dende a primeira infancia e, con posterioridade, conxuntamente dende a escola e a familia. O papel das familias no proceso lector é fundamental.

A lectura e a comprensión lectora aseguran non só o éxito escolar senón o desenvolvemento da imaxinación e o dereito a gozar da linguaxe poética.

O exemplo dos pais e nais en relación co hábito lector é fundamental: debe transmitirse como se transmiten outras afeccións. As familias, aínda que sexa intuitivamente, transmiten o uso e desfrute da linguaxe.

A colaboración entre familias, escolas e bibliotecas debe ser o piar para desenvolver o hábito lector dos nosos nenos e nenas. 





18 de outubro de 2013

CONTO: "A ESCALEIRA"

En Educación Infantil andamos con este conto:

 



 Texto de Beatriz Montero
Ilustracións de Raúl Nieto Guridi
Tradución do castelán de Marisa Núñez

  OQO editora














O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira..
Chamou á porta:
Din-don! Din-don!
Non había ninguén.

Deixou a carta no chan…
… e baixou, baixou, baixou pola escaleira.



Esta acción repítena, co mesmo resultado infrutuoso, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro. Deste xeito, enriba da carta depositada ante a porta do cuarto piso acaban acumulándose un par de zapatos, un ramo de flores e unha barra de pan ata que entra en escena unha nena resolta.






24 de setembro de 2013