25 de xaneiro de 2011

CONTACONTOS

Hoxe na Biblioteca a clase de tres anos tivo unha contacontos excepcional. Unha nena de sexto curso de primaria ofreceuse para contarnos un conto.
O conto elexido foi :



"O coelliño branco"


Un conto moi bonito que Jessica contou marabillosamente. Dámoslle as grazas e esperamos que esta experiencia se repita.
Este intercambio de coñecementos entre os nenos/as maiores e pequenos e moi motivador para todos, e moi enriquecedor.








video

10 de xaneiro de 2011

FREINET

Na rede social Internetenelaula adicada á educación , hai un grupo Freinet en el sigloXXI
Para compartir experiencias entre docentes que teñen interés na actualización das súas técnicas a través das TIC. A gora que imos comezar coa aula AVALAR en 4º e 1º ESO pareceume interesante traer a este blog o enlace a dous vídeos que atopei neste grupo nos que Segundo Fidalgo maestro do CPI San Félix de Candás ( Asturias) reivindica nunha ponencia o legado da pedagoxía freinet insistindo na importancia da metodoloxía e resaltando o carácter instrumental das TIC

Watch live streaming video from cprdeaviles at livestream.com
Continúa




cprdeaviles on livestream.com. Broadcast Live Free