04/01/2012

Centenario Celso Emilio Ferreiro

Nace Celso Emilio o día catro de xaneiro de 1912 en Celanova, vila que constituirá un elemento axial na súa produción literaria.
A Fundación Celso Emilio Ferreiro conmemora o centenario do poeta celanovés que se celebra neste ano 2012. Desde este espazo quere contribuír a difundir o seu extraordinario legado así como dar a coñecer as actividades programadas para este acontecemento único e irrepetible.
   

29/12/2011

Somos lectoras

No blog "El cocodrilo azul" atopei este marabilloso vídeo.
Grandes artistas retratan mulleres nos seus momentos de lectura.

18/12/2011

Máis aló das TICS

No blog " passet a passet educar para transformar" atopei esta boísima presentación de Jaime Olmos que fixo para o IV Encuentro Interdisciplinar: “Educar con Co-Razón: Integrar la singularidad”
na Universidade de Almería.

18/11/2011

Concienciados con la literatura infantil




Un ano máis o programa Página 2 realizou un especial sobre literatura xuvenil

titulado
Concienciados con la literatura juvenil. Nel aparece Laura Gallego García falando do seu último libro: Donde los árboles cantan. Unha novela cargada de amor e aventuras na que mezcla na que mestura o xénero fantástico coas lendas medievais.. Seguro que disfrutaredes tanto con ela como coas outras obras da autora.

Premio Naciona de Literatura Infantil y Juvenil 2011



Maite Carranza gañou o Premio de Literatura Infantil e xuvenil co seu libro Palabras envelenadas

Bárbara Molina desaparece . Só uns poucos se negan a dala por morta. Aparecen unha serie de sospeitosos.
Un dos seus puntos fortes é a intriga a trama lévate a sospeitar de todos.
É un libro moi duro pero moi recomendable.
Na biblioteca temos tamén a súa triloxía das Bruxas: O clan da loba, O deserto do xeo e a maldición de Odi.

10/11/2011

Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito






Hoxe comeza o
Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito ,en Santiago de
Compostela. Mágoa non poder asistir!. . Polas intervencións que vai haber merece a pena seguilo. Esta é a vantaxe de internet . Botamos de menos non asistir polo enriquecedoras que serán as conversas nos cafés e nas comidas.

08/11/2011

"No bosque" de Anthony Browne


Este conto foi un dos elexidos para ler na semana que falamos do medo.
En Educación Infantil analizamos a portada:
Cal é a cor predominante?
Que vemos?
Que levaría o neno na cesta?
Fixemos hipóteses sobre o que pasaría nesta historia.
Anthony Browne é autor e ilustrador inglés. As imaxes de Anthony Browne están cargadas de surrealismo e conteñen unha mezcla inquietante entre un realismo case fotográfico e o misterio. Nelas hai moitas referencias culturais a pintores, ao cine, a literatura e á música, que se convirten en guiños para os lectores que podan recoñecelos nese momento, ou máis adiante cando encontren esa referencia noutro lugar.

A continuación podemos visualizar unha entrevista de Anthony Browne na Argentina.

03/11/2011

En El baúl que no tenía abuela atopamos esta curta que forma parte do proxecto SKetchTravel. Participan 71 artistas de todo o mundo os fondos que obteñan destinaranse á creación de bibliotecas con salas de alfabetización infantil no terceiro mundo.



SketchTravel from Curio on Vimeo.