Hoxe os nenos e nenas de tres anos estivemos na Biblioteca buscando libros de caracois. Nacesitamos investigar para un novo proxecto. Atopamos un conto que nos gustou moito: "O caracol Remoldiño"
Tres amigos caracois mercaron unha empanada e enviaron ó máis pequeno a mercar o viño. Remoldiño sospeitaba que os seus amigos ían comer o manxar mentres el facía o recado. Remoldiño escondeuse a vixiar o que pasaba…
Hoxe celebramos na Biblioteca o Día da Auga con distintas actividades todas relacionadas coa Aula de Medio Ambiente. Oliva, a profesora de apoio a Educación Infantil traballou moito preparando as prácticas e materiais para os experimentos que se levaron a cabo. Os nenos/as pasáronno moi ben.
Actividades feitas: - Vídeo da gota de auga. - Xogo relacionado coa molécula da auga. - Experimentos: A evaporación, a condensación, densidades dos líquidos, pozo de barrena... Todos os cursos de Educación Infantil e Primaria pasaron pola Biblioteca.
Un dos libros que traballamos estes días para falar do traballo da muller é
"O libro dos cochos" de Anthony Browne.
Anthony Browne é un autor e ilustrador inglés, coñecido especialmente polos gorilas humanizados que protagonizan os seus libros. Estos animais gústanlle pola enorme forza e dulzura e ademais di que lle recordan ao seu pai, un ex boxeador grande, forte e cariñoso.
A continuación podemos ver unha entrevista feita a Anthony Browne na Arxentina na que explica a importancia da ilustración nos libros.