Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xosé Mª Díaz Castro. Se queredes saber máis deste autor e da súa obra premede na imaxe.
30 de abril de 2014
CERTAME PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Día das Letras Galegas xa se achega.Dende o Equipo de Biblioteca queremos animarvos a participar no Certame literario-artístico convocado pola A.N.P.A do noso Centro para conmemorar este Día. O tema é libre e tedes varias modalidades de participación. Sedes creativos e ADIANTE!!!!
Powered by
Issuu
Publish for Free
23 de abril de 2014
23 DE ABRIL
Hoxe é o Día do Libro. Para celebralo fumos en dúas quendas para leer para outros. Os relatos elexidos foron aqueles relatos científicos que fixeramos hai uns meses. Non podía vir máis ao caso posto que xa sabedes que este ano o lema das Bibliotecas escolares é LEER CIENCIA. Pois iso foi o que fixemos. Aquí tedes unhas fotos cos lectores e todo o público escoitando e aplaudindo. FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS!!!!
22 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO
No Día do Libro imos facer varias actividades.Aproveitando os relatos científicos que algúns nenos/as fixeron para o concurso Ciencia que conta da Funcación Barrié, e tendo en conta que o lema das biblitecas este ano e LEER CIENCIA imos leer para outros.
18 de abril de 2014
GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
Onte deixounos un grande das letras, Gabriel García Márquez. Autor de numerosos libros e Premio Nobel de Literatura en 1982. A súa obra máis conocida é "Cien años de soledad" pero non é a única, "El coronel no tiene quien le escriba", "El amor en los tiempos del cólera", "Crónica de una muerte anunciada", "La hojarasca",... Se queres saber máis sobre este xenial escritor preme na súa imaxe.
6 de abril de 2014
MARCAPÁXINAS
Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o noso amigo Rosendo mandounos un encargo moi especial. Tiñamos que facer uns divertidos marcapáxinas. Puxemos a nosa imaxinación a traballar e aquí podedes ver o resultado. A que mola?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)