O día 17 de maio un grupo de alumnos de 5º de Educación Primaria asistiron ao Liceo Recreativo Artístico para facer unha lectura dun traballo referido a D. Enrique Rivera Rouco. Por suposto fixéronno moi ben. Noraboa!!!
20 de maio de 2014
19 de maio de 2014
RAZÓNS PARA LER
E aquí temos algunhas das razóns que pensaron os nosos nenos/as, a ver que vos parecen!
Powered by
Issuu
Publish for Free
DIA DA CIENCIA
Os días 7 e 8 de maio celebramos na biblioteca do cole o Día da Ciencia. Contamos coa asistencia de alumnado dos outros coles da localidade. Foi unha actividade moi divertida e participativa con xogos e experimentos sorprendentes. Queremos darlle as grazas ao Concello por subvencionar esta actividade e esperamos seguir contando coa súa colaboración. Aquí tedes as fotos deste día tan especial!
15 de maio de 2014
DÍAZ CASTRO
Un novo enlace para que sigamos aprendendo sobre o autor deste ano do Día das Letras Galegas 2014. Clicade na imaxe:
13 de maio de 2014
Documental Díaz Castro
No ano 1987 a produtora de vídeo Ophiusa acompaña a Díaz Castro polos lugares emblemáticos do seu proceso vital e creativo. Nimbos de poesía é o resultado desta viaxe ao mundo do autor. Os Vilares, Mondoñedo, Betanzos, Guitiriz, ... desvélanse ante os nosos ollos a través da mirada e da propia voz de Xose María
A LUS DO MUNDO
Documental sobre Díaz Castro feito polos rapaces do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
Pasapalabra Letras galegas
Se queres poñerte a proba entra neste enlace e xoga ao pasapalabra das Letras Galegas 2014 do CEIP A Ponte
3 de maio de 2014
Penélope
Emocionante vídeo que nos chega grazas a Armando Requeixo . O poema Penélope de Díaz Castro , recitado polo propio autor , musicado por Xoán Fuertes Saavedra e interpretado por Fuxan os ventos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)