17 de maio de 2017

Carlos Casares

Este ano Carlos Casares estivo máis presente nos centros e nas bibliotecas  e iso é o realmente importante , dos escritores interésanos  a súa obra  e Carlos Casares ten unha obra extensa e para todas as idades, no noso cole tamén lle prestamos especial atención e desenvolvemos moitas actividades esta semana e ademais compramos  para a biblioteca as súas obras para que sempre estean a disposición dos lectores interesados .
No seguinte vídeo podedes escoitar rapaces de 1º e 4º de ESO lendo en francés e en galego , partindo da tradución de Carlos Casares a pasaxe onde o aviador se atopa co Principiño e debe debuxarlle un  año.





Tamén podedes escoitar o relato " A rapaza do circo " de Vento Ferido na voz de Lorrane, Paula, Germán e Sara

Audio
 Estes rapaces opinan tamén sobre: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e O galo de Antioquía



AUDIO



















Os alumnos de 1º de Primaria e a súa mestra Concha  ofrecenos esta fermosa versión do conto   A galiña azul
Podedes escoitala AQUÍ



Tamén podedes escoitar este fermoso fado de María do Ceo  adicado a Carlos Casares


Ningún comentario: