25 de maio de 2007

MARÍA MARIÑO

Podedes seguir lendo e investigando sobre María Mariño. O Día das Letras Galegas debe servir para despertar o interese polos noso escritores pero non se debe limitar a un só dia. Sempre é un bo momento para descubrir a obra dun autor ou autora. Neste momento na biblioteca contamos cos seguintes exemplares sobre a vida e a obra da autora.Para comezar coñecéndoa nada mellor que ler o precioso libro de Fran Alonso A vida secreta de María Mariño, Xerais. Temos tamén outros libros para informarvos da súa vida e obra:María Mariño. Vida e Obra, Xerais. Biografía de María Mariño,Galaxia

O máis importante para coñecer un autor e ler a súa obra por iso convídovos a ler : Obra completa de María Mariño,Xerais; María Mariño.Antoloxía Poética, Galaxia.

En A Voz do lago, Árbore Galaxia,María Mariño convértese en personaxe de ficción grazas á proposta narrativa de Antón Riveiro Coello. Déixovos para comezar un poema dela co que me sinto moi identificada:

Ando por un camiño que non vexo o seu sendeiro.
Dou toupadas que me firen buscando o meu verdadeiro.

Ningún comentario: