. Para os peques de INFANTIL, estes versos:
Nena, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
o galo e a galiña.
Dúrmete axiña...
...
Anda, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
os años na curtiña.
Dúrmete axiña...
.Aos rapaces/as de PRIMARIA:
Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.
Era poñer a ialma
por enriba das ponlas
máis ergueitas da fraga.
Era andar cos miñatos
nun outo vóo suspenso
sobor da paz dos campos.
Era ter -cousa meiga!-
o corazón atado
cun longo fío á terra.
. E para os maiores, en SECUNDARIA, o poema: "Ise neno da rúa"
Non é certo que os nenos teñan fame.
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -viva, beba, baba, buba!-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
nunha porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así, petando pola vida.
-Non, home, non!- lle dixen a un de aqueles-.
A xente pasa leda... Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!
Vinde ver en que libros están agochados os máis lidos neste MAIO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario