1 de outubro de 2008

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS


Iniciamos de novo as publicacións no blog neste mes adicado ás bibliotecas . Este curso imos empezar un novo camiño porque a nosa biblioteca entrou no PLAMBE. Mañá asistimos ilusionados á primeira reunión.Estamos contentos porque cada ano nos imos aproximando un pouco máis á meta que queremos alcanzar.O cartel que chegou ao centro pon imaxe ao noso soño, o texto que aparece en BIBLOTECAS ESCOLARES defíneo moi ben, por iso os recollemos aquí:

A biblioteca escolar como instrumento necesario e imprescindible ao servizo das aprendizaxes no centro.... de todo tipo de aprendizaxes: a lectura comprensiva de textos diversos en soportes tamén diversos, o uso crítico (e mais ético) de fontes informativas diferentes, a produción de información propia, a elaboración de traballos documentais en función das necesidades xeradas desde as distintas áreas e materias, o ser lector... unha biblioteca que dá servizo a profesorado e alumnado, tamén cando se pode, ao resto da comunidade escolar... unha ferramenta no traballo por competencias que os novos currículos-LOE apoian decididamente.... é dicir, un auténtico servidor central.


Só uma coisa torna un sonho impossível : o medo de fracasar.
Paulo Coelho








6 comentarios:

thenetspider dixo...

hi really a very nice blog... visit me at http://thenetspider.blogspot.com

neves dixo...

Que alegría podervos ler de novo!
Esta ilusión vai medrar pola vosa crenza. Moitas enerxías!!

O Segrel do Penedo dixo...

Benvid@s,
Por un curso (que serán moitos máis) cheo de proxectos e de ilusións compartidas!!!!
Apertas dende Fene.

Anónimo dixo...

Fina , gustoume moito o da neve e xa vin as fotos , son moi bonitas.
Moitos bicos.

Erea

Erea dixo...

Fina,gustoume moito o da neve e foi moi divertido.Xa vin as foto,son moi bonitas.

Un saúdo, Erea

Erea dixo...

Gustoume o da neve e molou o da
foto si que e moi bonita e tan bonita que me da ganas de comela.



EREA PÉREZ LÓPEZ



MOITISIMOS BICOS PARA FINA