30 de novembro de 2008

COMO DISFRUTAMOS!!!!!!!










O curso de 2º de primaria estamos adicando unha hora dos mércores a ir á nosa querida biblioteca. Este día chegamos e atopamos a Pilar e Beatriz moi entretidas traballando cos libros para que a nós nos resulte máis doado atopar o que ás veces buscamos.
Queremos que vexades como disfrutamos nós na biblioteca. Os libros sérvennos para pasar unha hora divertida ó tempo que aprendemos un montón de cousas novas. Ás veces levamos algún libro para ler na casa, outras facemos de contacontos para os nosos compis, outras escoitamos ler a un compañeiro ou á profe. Cada día facemos que sexa diferente porque o ambiente da biblioteca préstase para elo.
Mirade unhas fotos dun mércores deste mes.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

somos amigos de Antón Cillero, encantounos ver os nenos lendo concentrados , vese como a biblioteca préstase para iso obsérvase como os nenos están a gusto porque non é unha biblioteca ríxida como os que nos recordamos cando éramos pequenos que non se podía tocar nada, e realmento non invitaban a ler.

Montse e Suso

Anónimo dixo...

Gustame mito ler, pero abeces non porque os nenos molestanme moito que a o final non poido ler

Anónimo dixo...

Un pracer formar parte dun equipo de biblioteca tan dinámico. Non hai máis que ver os nenos como disfrutan lendo.Parabéns á súa profe , que sabe sin impoñer espertar o gusto pola lectura e que permite que os nenos asocien a lectura e a biblioteca con algo divertido e interesante.
PILAR

Anónimo dixo...

Hoxe xa es navidad ven