10 de marzo de 2009

Día Internacional da muller traballadora


Para conmemorar o día da muller traballadora nas clases de Educación Infantil utilizamos o conto: "o libro dos porcos"
Primeiro analizamos a portada e saíron comentarios moi interesantes:
- "é unha familia e a nai está levantando a todos"
- "parece un tren que o conduce a mamá"
- "unha mamá levantando ao papá e aos fillos"
- "a mamá é a que máis carga"
¿ é por que se titulará "o libro dos porcos?
- "porque comen coma os porcos"
- "porque se manchan"
Despois de ler o libro saíron máis comentarios, fíxonos reflexionar a todos.
Quedaron moi convencidos de que todos teñen que colaborar.
Tamén atopei este vídeo (no blog de Maestra de Infantil) para traballar a igualdade de xénero:

Ningún comentario: