1 de abril de 2009

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Todos os anos o 2 de Abril o IBBI (Internacional Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo. Este ano Exipto distribúe o cartel e a mensaxe de Hani D. El-Masri

Eu son o mundo

Eu son o mundo, e o mundo son eu,

porque a través dos meus libros

podo ser o que queira.

Palabras e debuxos, prosa e verso

trasládanme a lugares

que están lonxe e preto ao mesmo tempo.


Na terra dos sultáns e do ouro,

mil historias que falan de alfombras voadoras,

xenios de lámpadas marabillosas,

sacaúntos e simbades,

cóntanlle os seus segredos a Sherezade.


Con cada palabra de cada páxina

viaxo a través do espazo e do tempo.

E coas ás da fantasía,

o meu espírito cruza o mar e a terra.


Canto máis leo, máis comprendo

que co meu libro estarei sempre

na mellor das compañías.

Máis información
Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY):
http://www.ibby.org/index.php?id=266&L=3

Edicións anteriores do Día Internacional do Libro Infantil (mensaxes e carteis):
http://www.oepli.org/esp/actividades/dia_libro.htm

1 comentario:

Órbil dixo...

Orbil a bibliomascota da biblioteca “Orbilmania” concédevos o premio:
"Olla que blog Maneiro", que quere dicir: "Olla que blog tan chuli!.
Por favor, pasade polo noso blog a recollelo.!Esperamos que vos guste moito!